Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela asegura que o alcalde e os socialistas de Burela non son quen para dar leccións de ética a ninguén

Nota de Prensa

O GMPP de Burela, sobre a contratación no Pacto Polo Emprego: “o alcalde non tén ética”.

Aseguran que o alcalde xa non é creible.

Os populares afirman que unha persoa así “non merece ser alcalde de Burela”.

O GMPP de Burela asegurou hoxe que “o alcalde e os socialistas de Burela non son quen para dar leccións de ética a ninguén”, logo de verificar que o alcalde non se abstivo na selección de persoal do Pacto Territorial polo Emprego, proceso na que foi seleccionada Remedios López. Os populares, que afirman que todo o mundo tén dereito a traballar independientemente do seu color político, consideran que a actitude do alcalde “será todo o legal que se queira, pero tampouco pode ser máis inmoral, e non deixa de retratar a súa forma de ser, presumindo de ir pola vida de tío ‘guay’ e logo indo exclusivamente á súa comenencia”.

Para os populares, “nada do que diga o alcalde nin os socialistas de Burela a partires de agora será igual. En política, ademáis de ser honrado, hai que parecelo, e neste caso a ética brila pola súa ausencia e corrobora que os pactos polo emprego foron concebidos como chiringuitos para servicio exclusivo dos socialistas”.

O PP considera que nestes días a credibilidade do alcalde alcanza cotas “de esperpento: primeiro, non é capaz de organizar unha reunión con Blanco e cos colectivos e grupos políticos que redactamos as alegacións sobre o corredor, logo de prometelo varias veces, dándolle así as costas ó conxunto dos veciños do concello; e, segundo, se demostra que actúa de forma inmoral na selección de persoal do Pacto polo Emprego”.

Exit mobile version