Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela demándalle á Xunta unha nova gardería infantil

NOTA DE PRENSA:
González Barcia demanda á conselleira de Traballo e Benestar a construción dunha nova escola infantil en Burela

* A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo unha xuntanza co portavoz do PPdeG na localidade, José González Barcia

Santiago, 25 de xuño de 2010.- O portavoz do PPdeG en Burela, José González Barcia, reuniuse coa conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, co fin de trasladarlle a petición de construción dunha nova escola infantil en Burela. González Barcia expúxolle á conselleira a situación da gardería, e aproveitou para lembralle que todo o que alí se leva feito é obra do Partido Popular.

Mato informoulle durante a súa xuntanza de que o departamento autonómico estudará esta petición, e ámbolos dous estudiaron distintas posibilidades, co que se abre un camiño para buscar unha solución axeitada.

Na xuntanza, González Barcia trasladou a Mato o acordo adoptado o 11 de xuño polo pleno da corporación local con relación á petición dun novo centro de educación infantil para o concello.

Ademais, durante a reunión, Beatriz Mato e González Barcia tratron outros temas de importancia para o concello. Así, o portavoz do PP de Burela demandou á conselleira que se estude a posibilidade de incluír novos servizos sociais na Casa do Mar, co fin de amplíar os que xa se prestan actualmente na vila, petición que foi recibida con interese pola conselleira.

González Barcia agradeceu a receptividade de Beatriz Mato e valorou positivamente a reuniòn e confía que en breve se fixe unha “folla de ruta” para nun prazo de tempo prudente, e en función das capacidades presupostarias, se busquen solucións ás situacións plantexadas.

Exit mobile version