Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela mostra o seu desacordo coa manifestación pola Sanidade Pública

NOTA DE PRENSA:
O PP pídelle ó alcalde que “solucione os problemas y deixe a pancarta”.

Os populares afirman que “Burela non respaldou as manipulacións do bipartito”.

Aseguran que “PSOE e BNG fracasaron”.

O PP de Burela reclamoulle hoxe ó alcalde e ó bipartito bureleses “máis dedicación para solucionar os problemas e menos pancartas, á visrta de que a manifestación do pasado sábado foi un fracaso dos seus convocantes e que Burela non respaldou as manipulacións do bipartito”.

Os populares afirman que, “atendendo ós datos da Policía Local burelesa, sólo un catro por cento da poboación da Mariña apoiou os postulados dunha plataforma guiada fundamentalmente polo BNG e cun seguidismo cego por parte do PSOE. O noventa e seis por cento restante non atenden ás manipulacións da plataforma nin do bipartito. E os cidadáns de Burela optaron maioritariamente por levar a cabo un sábado completamente normal”.

Os cidadáns de Burela, segundo o PP, “queren que o alcalde se adique a arranxar os múltiples problemas que tén o concello, que presente proxectos que ilusionen ós cidadán e que xestione con outras admistracións solucións, alternativas e novos servicios”. Para os populares, nin o alcalde nin o bipartito fan o que deben facer: “tardaron nove meses en pagar as axudas dos corenta euros e este fin de semana ainda non houbo socorristas nas praias; en tres anos falta o primeiro proxecto que se elaborara desde o concello para dinamizar a vida socioeconómica burelesa, e en vez de reunirse coa Xunta para, por exemplo, tentar facer unha nova gardería, agarran a pancarta e saen á rúa como se estiveramos nunha etapa de prerrevolución”.

Desde o PP pedímoslle ó alcalde que se deixe de figurar en plataformas que non conducen a nada, e que se adique a traballar por Burela: o pleno que se tiña que celebrar o pasado xoves vintecatro ainda está sen convocar. Esto díceo todo sobre a capacidade de traballo do alcalde, e sobre a súa responsabilidade de mirar polos intereses de Burela.

Exit mobile version