Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela valora positivamente as axudas da Xunta para reparar os danos das inundacións

NOTA DE PRENSA

O PP valora positivamente as axudas da Xunta para reparar os danos das inundacións.

Os populares dubidan das intencións da Deputación e de Fomento.

Consideran que “o alcalde non é de fiar nas súas peticions: por qué retrasa o pleno para pedirlle a Fomento actuacións na variante?”.

O GMPP de Burela valorou hoxe positivamente as actuacións e liñas de axudas que a Xunta de Galicia vén de comprometer para axudar a concellos e veciños a reparar os danos causados polas inundacións. O PP burelés indicou que explicará ós veciños que o desexen as liñas de axudas decretadas pola Xunta referidas a particulares.

Os populares entenden que se está  actuando con celeridade desde a Xunta, e que esta celeridade demostra a credibilidade de Núñez Feijoo pero dubidan das intencións da Deputación: “de feito, en Burela, o alcalde anunciou que a Deputación repararía a travesía municipal á altura do Perdouro afectada por unha riada hai cinco meses, e de momento non se veu ningún tipo de actuación: as vallas seguen no mesmo sitio desde hai cinco meses”.

E ademais, dubidan do propio alcalde: “nós presentamos dúas mocións para solicitarlle ás administracións que se actúe coordenadamente por un lado, e que, por outro, Fomento actúe na variante; pero o alcalde non tén ningunha intención de celebrar o pleno antes do día oito do mes de Xullo, cando tiña que terse celebrado onte, xoves”. Por eso, os populares consideran que “o alcalde está a usar o seu cargo para facer exclusivamente  política de partido: mañán participará na manifestación da plataforma sanitaria, e é mui libre de facelo. Pero ainda non falou coa Consellería de Sanidade por ese asunto, nin falou coa de Traballo e Benestar pola gardería, por poñer dous exemplos. Eso quizaves tamouco o veremos pedirlle a Fomento que actúe na variante para evitar que se volva a producir o que pasou hai quince días. O alcalde é un mandadiño do seu partido”.

Os populares aseguran ademais que “a oficina de información que o alcalde di que puxo en marcha nunca existiu como tal: os afectados só podían entregar un modelo de instancia que se lles facilitaba, debidamene cuberto, pero ninguén estivo expresamente no concello a disposición dos afectados”.

Exit mobile version