Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Cervo pide ao Estado que arranxe os acceso a Rueta

NOTA DE PRENSA:
O PP PÍDELLE Á MINISTRA ESPINOSA QUE FAGA REALIDADE AS SÚAS PROMESAS DE ARRANXAR OS ACCESOS A RUETA

A Mariña, 26 de xuño de 2010.- O Partido Popular de Cervo quere poñer de manifesto o seu descontento pola nula actuación da ministra de Medio Ambiente, Elena Espinosa, para restablecer os accesos á praia de Rueta, tal e coma se comprometera na súa visita a este areal hai 10 días. Naquela ocasión a responsable ministerial afirmou que o seu ministerio urxiría as labouras de reconstrución e rehabilitación dos areais danados para que poideran ser utilizados na época estival, pero a realidad é teimuda, e a día de hoxe praia de Rueta segue a estar bloqueada por unha chea de terra e pedras que imposibilitan o acceso ao areal, exactamente igual que o día no que a visitou a señora Elena Espinosa.

Dende o Partido Popular somos conscientes de que este tipo de obras implican un certo grado de elaboración e estudio, pero tamén somos coñecedores de que todo se pode facer si hai predisposición e gañas de facelo. Este é o exemplo dado pola Xunta de Galicia e polo seu presidente, Alberto Núñez Feijoo.

Queremos lembrar que o presidente da Xunta visitou un día antes que a minsitra o concello. E o fixo non só para ver os efectos das choivas, se non que tamén veu para comprobar como se estaban a desenvolver os traballos de recuperación iniciados de xeito inmediato no leito do río Xunco. Es traballos de afianzamento da ribeira do Xunco ao seu paso polo núcleo de Cervo avanzan a bo ritmo e están preto de rematarse.

Esta dilixencia e premura da Xunta é unha mostra da implicación e do compromiso da administración autonómica en axudar a restablecer os estragos ocasionados polas choivas no noso concello. Esta actitud contrasta coa nula e vácua actuación do ministerio da señora Espinosa, de quen só podemos dicir ata o momento que tan so veu a facerse a foto en Rueta diante dun montón de terra e pedras, pero que polo visto nestes dez días, non ten maior interes en arranxar estes estragos.

Por isto, conminamos aos responsables do Goberno central, do Mionisterio de edio Ambiente, de Costas e tamén aos responsables locais do Partido Socialista a que deixen de lado a política propagandística e que os anuncios que veñan a facer a Cervo os fagan acompañados de feitos tanxibles e non se queden tan so en fotos e discursos cheos de boas intencións, pero valeiros de contido.

Exit mobile version