Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP rexeitou licitar de inmediato a obra do novo albergue de Ribadeo, asegura o PSOE

Nota de Prensa

O PARTIDO POPULAR RECHAZA UNHA INICIATIVA SOCIALISTA PARA LICITAR DE INMEDIATO A OBRA DO NOVO ALBERGUE DE RIBADEO

– A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Socialista Concepción Burgo replicou que o Goberno de Feijoo asegura que Feijoo incumpre continuamente os compromisos adquiridos polo Xacobeo

– Advirte que non hai ningunha razón que impida licitar o albergue e salvar o edificio do antigo colexio

-Asegura que Feijoo non ten vontade política de facelo albergue

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2010. A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Socialista Concepción Burgo defendeu hoxe na Comisión 6ª do Parlamento unha iniciativa para reclamar licitar de inmediato a obra do novo albergue de Ribadeo, no edificio cedido polo Bispado, e a comezar a construcción no menor tempo posible. A iniciativa foi rechazada polo Partido Popular.

A portavoz socialista lembrou, na súa intervención, que o anterior Goberno da Xunta de Galicia, a través do Xacobeo, adquiriu o compromiso de facer un novo albergue de peregrinos en Ribadeo dado o importante crecemento de peregrinos no Camiño Norte ao que se accede a Galicia dende esta vila. Para iso asinouse un convenio co Bispado polo cal este  cedía  o edificio dun antigo colexio radicado no casco vello para ser acondicionado como albergue de peregrinos. O proxecto para esta construcción xa está redactado e entregado á Consellería de Cultura e Turismo.

Burgo explicou que este albergue é sumamente necesario dada a escasa capacidade do que xa existe que non pode dar servizo o cada vez maior número de solicitantes e o novo albergue tería, segundo o proxecto, un número elevado de prazas, en torno a 60 máxime, atopándonos nun Ano Santo.

A deputada lucense denunciou que a pesar da necesidade e de que xa se conta co proxecto, nada se fixo dende a actual Consellería de Cultura e Turismo mailas repetidas peticións do Concello. Afirma que “ esta desidia non só provoca que sigan sendo escasas as infraestructuras do Camiño Norte senón que está poñendo en perigo a posibilidade de rehabilitación do edificio xa que a finais do mes de marzo derrubouse unha parte, quedando a estructura moi afectada, o que pode provocar que se veña abaixo co perigo que iso supón”, aseverou Burgo.

Burgo replicou que ningunha das desculpas dadas hoxe polo Partido Popular en sede parlamentaria poden aceptarse. A deputada asegura que todo esta en orde; a cesión do bispado, o proxecto de obra, pero advirte “só falta a vontade do Xacobeo para comezar esta obra tan importante”.

Exit mobile version