Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP solicita que se acondicionen as marquesinas de Burela

Nota de Prensa

O PP solicita que se acondicionen as marquesinas.

Luis Pedre afirma que algunhas marquesinas presentan un estado lamentable.

Os populares afirman que “o estado das marquesinas demostra que o bipartito non está polo traballo do día a día”.

O Grupo Municipal Popular de Burela presentará  no vindeiro pleno ordinario un rogo para que as marquesinas existentes no casco urbano sexan debidamente adecentadas, porque algunhas presentan un aspecto lamentable e mui pouco edificante.

O concelleiro popular Luis Pedre manifestou que a marquesina do parque Rosalía de Castro “tén abundantes graffitis mesmo de carácter obsceno, impropios dun recinto onde xogan nenos e nenas de corta idade”. Asimismo, “a que se atopa preto da Casilla, na marxe esquerda dirección Cervo, está ateigada de carteis anunciadores de distintos eventos”.

Por eso, segundo Pedre, “a imaxe do pobo queda mui deteriorada e demostra que a política medioambiental do concello non é a máis axeitada”.

O concelleiro popular lembrou que “tamén abundan os carteis pegados en contenedores; xa lle dixemos ó bipartito burelés que os retiraran, pero non fan ningún caso, o que empeora a imaxe que se traslada ós visitantes”.

Luis Pedre considera que “estas pequenas cuestións, que afectan ó día a día da vida do concello, deben ser atendidas con certa celeridade; pero non o son, o que demostra que o bipartito burelés está máis pola foto e pola galería que polo traballo”.

Exit mobile version