Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo entregoulle ao conselleiro de Educación un listado coas demandas dos pais e pide que sexan atendidas

Nota de Prensa

O GMS PIDE AO CONSELLEIRO QUE ATENDA POR IGUAL AS NECESIDADES DOS DOUS COLEXIOS EN CERVO

O GMS ENTREGOU AO CONCELLEIRO DE EDUCACIÓN UN LISTADO COAS DEMANDAS DOS PAIS E PIDE QUE SEXAN ATENDIDAS PORQUE CERVO MERECE UN TRATO PREFERENTE EN MATERIA EDUCATIVA

CERVO, 04 DE XUÑO.  O GMS de Cervo acudiu á visita do Conselleiro de Educación ao CEIP de Cervo Nº 1 e reclamou as necesidades transmitidas polos pais dos CEIP do Concello. Iso a pesar de que o alcalde de Cervo intentou esquivar aos concelleiros da oposición na visita ao CEIP de San Ciprián, citándoos na casa consistorial á 1 da tarde. Chegamos tarde, pero chegamos a pesar dos atrancos.
Mensaxe da comunidade educativa do Rivera Casás

Dende o GMS puidemos transmitir ao conselleiro o malestar dos pais da comunidade educativa do Rivera Casás pola forma e o trato recibido no proceso de unificación, onde non se lles escoitou a eles e si aos políticos. Piden respecto para as decisións semellantes que o conselleiro vaia a tomar con outros centros e que este modelo de “comunicación de peche” non se empregue noutros casos semellantes en Galicia, polo ben dos nenos e as familias.
Infraestruturas nos centros

Dende o GMS puidemos tamén entregar un resumen das necesidades dos dous centros ao conselleiro:

1. Que a Xunta de Galicia asuma a xestión do comedor do CEIP de Cervo Nº 1, coma así o demandou a comunidade educativa dese centro.
2. Creación dunha sala multiusos no CEIP de Cervo Nº 1, coas dimensións adecuadas para que os nenos e o profesorado podan desenrolar as actividades que o centro propoña (festas Nadal, letras galegas, fin de curso, etc) e que os pais teñan cabida nela.

3. Colocación de columpios para nenos de infantil no CEIP de Cervo Nº 1.
4. Asegurar que todos os autobuses escolares empregados para o transporte escolar en Cervo, teñan dispositivos de sujección tendo en conta que nenos de apenas tres anos fan uso deste servizo.
5. Substitución da cuberta intermedia no patio cuberto do CEIP de Cervo
6. Supresión de barreiras arquitectónicas nas escaleiras de entrada ao centro e na baixada ao campo de xogos no CEIP de Cervo.
7. Cubrir o corredor que une o colexio co pavillón deportivo en ámbolos dous colexios.
8. Cambio de tódolos baños no CEIP de Cervo
9. Cambio de ventanais no CEIP de Cervo por outros de dobre cristal para aforro enerxético.

En Cervo, o mundo ao revés

Por último seguimos sen entender a falsa austeridade do goberno de Feijóo e do Concello de Cervo, que parece que van ao revés do mundo. Páganse dous autobuses de transporte escolar para a maioría dos nenos que vivían ao pe dun colexio, tírase un pavillón no centro do pobo que vai costar unha millonada e gástanse outro tanto para ampliar outro. Sería mais urxente reducir as contías aportadas polos pais para o comedor nestes tempos de crise ou dotar dunha sala multiusos  o CEIP de San Ciprián; e no caso do CEIP de Cervo, cubrir o patio e cambiar baños e ventanais para aforro enerxético.  Lamentablemente parece que en Cervo, todo é do revés, e estamos convencidos que ista forma de actuar non beneficia aos cidadáns.

Exit mobile version