Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de O Valadouro critica que os dirixente municipais se vaian de excursión fronte unha situación de emerxencia

NOTA DE PRENSA
Grupo Municipal PSdeG – Psoe de O Valadouro

A petición dos grupos municipais do PSdeG, BNG e da
concelleira Ana Geada, celebrouse pleno extraordinario para
manifestar o apoio da corporación a Plataforma po la Defensa da
Sanidade Pública da Mariña. Nas súas demandas e tamén a
manifestación do dia 26. Saíu adiante cos votos favorables, dos
grupos fírmantes da moción e da concelleira Ana Geada, o Partido
Popular, rexeitouna e Dña. María Xosé Fernández, se abstivo.
Na mesma sesión aprobouse o crédito extraordinario para a
execución do saneamento de Moucide e a rexeneración da marxe
esquerda do río Ferreira, saneamento da Rúa Curras, etc…
Sinalar o noso malestar e sorpresa diante a actitude do equipo
de goberno durante estes días de fortes choivas, mentres os
demais alcaldes estaban a o fronte das operacións, incluso
reuníndose co Conselleiro da Presidencia, Sr. Rueda, o noso
alcalde mais os tenentes de alcalde, estaban de excursión en
Silleda deixando o concello se ninguén o fronte dunha situación de
emerxencia.

Exit mobile version