Site icon Crónica3.com A Mariña

O sábado terá lugar a “IV Ruta Ecuestre San Esteban do Ermo” en Barreiros

BARREIROS (FNC) .- O clube Ecuestre San Esteban organiza coa colaboración do Concello de Barreiros a IV Ruta Ecuestre San Esteban do Ermo, que terá lugar o vindeiro sábado 26 de xuño.

Segundo explican os seus organizadores “a saída está prevista para as 10:30 da mañá desde o Oliñas, haberá un aperitivo no mirador de Penabor e á volta un almorzo no restaurante Oliñas”.

Os interesados en participar na ruta poden anotarse chamando aos seguintes números de teléfono: 690 68 30 43 e 647 63 64 58. O prezo é de 20 euros.

Exit mobile version