Site icon Crónica3.com A Mariña

O telecentro de Ribadeo organiza oito obradoiros con 130 prazas para os máis pequenos

RIBADEO (FNC) .- A Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, en colaboración co Concello de Ribadeo, celebrará oito obradoiros durante o mes de xullo destinados aos máis pequenos.

Como cada verán, o Telecentro ten o seu espazo para as actividades infantís e juvenís que oferta o Concello ribadense, organizadas por la Concellaría de Cultura e pola Oficina de Información Xuvenil (OMIX). Durante todo o mes de xullo 130 nenos e nenas a partires de 3 anos disfrutarán dunha gran diversidade de xogos educativos empregando as novas tecnoloxías.

Debido ó número elevado de rapaces e rapazas que van a participar nas actividades do Telecentro, faránse un total de oito grupos compostos de 16 nenos cada un.  As datas nas que van ter lugar os obradoiros no CeMIT de Ribadeo son as seguintes:

* Do 5 ao 9 de xullo: participarán 32 nenos e nenas en dous grupos, de 10:30 a 12:00 e de 12:00 a 13:30 horas.
* Do 12 ao 16 de xullo: participarán 32 nenos e nenas en dous grupos, de 10:30 a 12:00 e de 12:00 a 13:30 horas.
* Do 19 ao 23 de xullo: asistirán 32 rapaces e rapazas en dous turnos, de 10:30 a 12:00 e de 12:00 a 13:30 horas.
* Do 26 ao 30 de xullo: adicarase a 32 nenos e nenas en dous turnos, de 10:30 a 12:00 e de 12:00 a 13:30 horas.

Os nenos e nenas que queiran apuntarse a estas actividades pódeno facer xa na Oficina de Información Xuvenil (OXIM), no Auditorio Municipal.

Para solicitar máis información sobre as actividades os interesados poden dirixirse ao CeMIt de Ribadeo, sito na Rúa Antonio Otero, nº 15, chamar ao teléfono 982.120.732, ou enviar un correo electrónico ao seguinte enderezo: telecentroribadeo@gmail.com

Exit mobile version