Site icon Crónica3.com A Mariña

Operarios do concello de Barreiros tentan localizar unha fuga de auga para normalizar o abastecemento

BARREIROS (FNC) .- Os operarios do Concello tentan localizar unha fuga de auga na rede que está a ocasionar problemas no abastecemento aos veciños. A situación, segundo o alcalde, vai volvendo á normalidade.

Alfonso Fuente sinalou que “continuamos dirixindo as augas que veñen polas estradas hacia as cunetas. Hai algúns problemas na zona sur, pero máis ou menos se vai controlando todo. Ao chover menos durante esta noite xa baixou o caudal bastante dos ríos. Si a climatoloxía nos axuda ao largo do día se podería restituír a normalidade, salvo naqueles puntos onde caeu a ponte ou onde os accesos se viron cortados”.

O rexedor dixo que “onte tivemos unha fuga de auga que nos deixou parte do concello sen abastecemento. Pola noite se cortaron todos os subministros para poder encher os depósitos e hoxe se está buscando o lugar exacto da fuga, aínda que é complicado polo estado das estradas, dos campos… ás doce da mañá en Reinante, San Miguel e San Pedro xa estaba restituído o servizo e a continuación a auga chegará a San Cosme e despois a ver si dan atopado a fuga as nosas brigadas”.

Fuente Parga considera que primeiro ten que pasar o temporal e despois será o momento de avaliar os danos, “nós o que lle pedimos onte a Alfonso Rueda e hoxe a Agustín Hernández é que unha vez que remita o temporal e se analicen os danos haberá que valoralos e ver como se van solventar. Antes de falar de zonas catastróficas haberá que agardar porque están xurdindo desprendementos polas terras húmidas que non aguantan. Haberá que agardar a que remita o temporal e despois facer esa valoración”.

Exit mobile version