Site icon Crónica3.com A Mariña

Organizacións ecoloxistas e sociais concéntranse na Praza do Obradoiro para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente

Día Mundial do Medio Ambiente 2010: O noso territorio, a nosa identidade. Este vindeiro domingo 6, ás 12h na Praza do Obradoiro de Compostela, ADEGA e outras organizacións ecoloxistas e sociais galegas convocan a unha concentración con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente 2010. Baixo o lema “O noso territorio, a nosa identidade” denuncian as consecuencias do urbanismo depredador e das políticas insustentábeis de ordeamento territorial que vimos padecendo, escenificando a venda dunhas promocións urbanísticas en lugares emblemáticos do país. No Obradoiro edificarán uns chalés adosados e un cámping.

Exit mobile version