Site icon Crónica3.com A Mariña

Os cursos de verán da Fundación Luís de Trelles celebraranse en Ribadeo do 30 de xuño ó 4 de xullo

RIBADEO .- A vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez, participou este xoves na presentación da vixésimo primeira edición dos cursos de verán da Fundación Luis de Trelles que, por primeira vez, se celebrarán na provincia, concretamente en Ribadeo, dende o 30 de xuño ó 4 de xullo.

Nota de Prensa

Lara Méndez destaca que máis de 2.200 persoas visitaron Ribadeo con Km0

A Vicepresidenta Segunda participou na presentación dos cursos de verán da Fundación Luis de Trelles que se celebrarán na vila mariñana

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, participou este xoves na presentación da vixésimo primeira edición dos cursos de verán da Fundación Luis de Trelles que, por primeira vez, se celebrarán na provincia, concretamente en Ribadeo, dende o 30 de xuño ó 4 de xulio.

Máis de 150 persoas procedentes de todo o país participarán nestas xornadas que versan sobre a vida e a actividade de Luis de Trelles, relixioso mariñano e fundador da Adoración Nocturna, un colectivo con 125 anos de historia, e que conta con miles de membros en España. O organismo provincial colabora con esta iniciativa dentro da aposta polo ecoturismo para xerar riqueza na provincia. Deste xeito, as xornadas inclúen visitas guiadas pola vila mariñana, así como unha peregrinación a Santiago polo Camiño Norte. Precisamente, Álvaro Lamas, membro da Fundación, destacou que escolleron Lugo entre todas as provincias de España para ser escenario destes cursos co obxectivo de fusionar a súa celebración coa do Xacobeo.

Neste senso, Lara Méndez agradeceulles a súa elección coa que “impulsan conosco a imaxe da nosa provincia no exterior”, e lembrou que Lugo foi a primeira provincia que contou cunha programación previa e estable ó Ano Santo con Km0 a Compostela.

Os participantes nesta xornadas visitarán ademais a praia das Catedrais, o casco histórico, a ría de Ribadeo, o Castelo de San Damián, ou o Club Náutico. Méndez subliñou que todos estes lugares forman parte dunha das rutas que inclúe o programa medioambiental da Deputación, e que redescubriron, dende a súa posta en marcha en setembro de 2008, máis de 2.200 persoas.

Exit mobile version