Site icon Crónica3.com A Mariña

“Pizzbur” foi elixida polo público como mellor barra na “V edición de Ribadeo de tapeo”

RIBADEO (FNC) .- O salón de plenos do Concello acolleu esta tarde a entrega dos premios da quinta edición de Ribadeo de tapeo. Foron 49 os establecementos hostaleiros que participaron nesta cita gastronómica e o xurado decidiu elixir como mellor tapa do ano á elaborada por La Solana; a mellor tapa creativa foi a do Cantón Bar e a mellor tapa tradicional a da Ribeira. O xurado concedeu dúas mencións especiais ao Cabás e á Cofraría de Rinlo.

O público foi o encargado de elixir a mellor barra. A premiada neste caso foi a Pizzbur. Os larpeiros de ouro, é dicir, aqueles que probaron todas as tapas presentadas a concurso, tamén recibiron os seus premios. José Luis Páez Rodríguez foi agasallado cunha cámara de fotos por cortesía de Cero Uno Informática; Miguel Angel de la Mata Rodríguez, obtivo un vale de 100 euros xentileza do Centro Comercial Aberto e Andrés Amor González levou tamén outro vale de 100 euros do CCA.

Entre o resto do público participante no Ribadeo de tapeo foron sorteados varios regalos. Luis Rodil Fernández disfrutará dunha fin de semana nun balneario ou nunha casa de turismo rural, xentileza do Centro Comercial Aberto; Pilar Carrero Bermejo, recibiu un lote de produtos de Bodegas Ribeirao; Mari Carmen Expósito Martínez, resultou agasallada cun vale de 100 euros para gastar nos establecementos asociados ao CCA e Francisco Basanta Ron levou un mp4 por cortesía de PC Coste.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, foi o encargado de entregar os premios, xunto a representantes de ACISA e o CCA, encabezados polo seu presidente, Francisco Iriarte.

Exit mobile version