Site icon Crónica3.com A Mariña

Por terceiro ano celebrase en Burela a primeira proba do campionato galego de motos acuáticas

BURELA (FNC) .- A Concellaría do Mar de Burela está a preparar a primeira proba do campionato galego de motos acuáticas que se celebrará na praia do Portelo o vindeiro 12 de xuño.

Remedios López lembrou na presentación que “éste é o terceiro ano consecutivo que se organiza a proba en Burela e que ten grande expectación entre a poboación  pola afición que hai a este deporte. Na edición anterior o clima non acompañou e desenvolveuse nun circuito duro, con moito mar de fondo solo apto para profesionais. Nesta ocasión espérase que as condicións metereolóxicas sexan actas para o desenrolo da proba e como nas anteriores, cerrarase a praia ao público por motivos de seguridade  xa que durante todo o día haberá probas e exhibicións”.

O campionato comezará  ás 16 horas onde se desenrolarán varias mangas na modalidade motos de auga maxi  e motos de auga  Jet Ski. En total daránse cita en Burela de 25 a 30 pilotos. Pero durante todo o día  haberá probas de quecemento,  adestramentos oficiais e mangas clasificatorias que farán disfrutar deste deporte ao longo de todo o día.

A concelleira socialista convida “a todo o mundo a que se acerque ata a praia do Portelo para disfrutar deste espectáculo gratuíto que é un  importante evento deportivo no que o nome de Burela figurará ao longo das distintas probas que se desenvolven por toda Galicia”.

Exit mobile version