Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo estima en 650.000 euros só os danos causados pola chuvia en camiños públicos e pontes

RIBADEO (FNC) .- 14 de xuño de 2010. O Concello de Ribadeo estima en 650.000 euros só os danos causados pola chuvia en camiños públicos e pontes, segundo ven de anunciar o alcalde.

Fernando Suárez suliña que “estamos diante dunha primeira avaliación provisional porque os técnicos municipais non puideron ver a magnitude total desta desfeita”. O rexedor explica que “quedan fora desa valoración os danos causados en infraestructuras de Fomento e da Xunta e tamén na rede de abastecemento de auga, na que se continúa a traballar neste momento. Tampouco están incluidos no informe enviado á Xunta os traballos de limpeza nos ríos”.

Exit mobile version