Site icon Crónica3.com A Mariña

Sábado cita co teatro en Barreiros

O vindeiro sábado 5 de xuño os veciños de Barreiros teñen unha cita co teatro a partires das sete da tarde no centro social de San Cosme. O grupo Nova Escena de Lugo representará a comedia O Lirio. A actuación enmárcase dentro do proxecto teatral Buxiganga da Área de Cultura da Deputación e conta coa colaboración do Concello de Barreiros a través da Concellería de Cultura e da Oficina Municipal de Información Xuvenil.

Exit mobile version