Site icon Crónica3.com A Mariña

Salienta NNXX a afluencia de público ao 1º Foro de debate sobre política pesqueira

NOTA DE PRENSA:
Celebrouse 1º Foro de debate sobre política pesqueira organizada por Novas Xeracións de Burela, en coordinación coa executiva provincial e no que se abordaron cuestións moi interesantes sobre os principais retos deste sector estratéxico para a economía de Galicia e, nomeadamente da Mariña lucense.

Cómpre salientar a gran afluencia de público procedente do sector pesqueiro que ademais tivo a oportunidade de participar no coloquio posterior que se desenvolveu cos distintos ponentes.

Jose Manuel Balseiro Orol, voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, que fixo un balance do último ano de Goberno da Xunta, Joaquín García Díez, portavoz de Pesca no Congreso dos Deputados, que abordou as grandes cuestións de actualidade no ámbito da política pesqueira nacional e europea e Pablo Fernández, director xeral de Recursos Mariños da Xunta de Galicia, que avanzou as liñas mestras da xestión da consellería do Mar no futuro máis inmediato, foron os ponentes convidados polos mozos do PP.

A presidenta local da Novas Xeracións (Andrea Gil), e o presidente provincial (Daniel Vega) desta organización política xuvenil agradeceron a asistencia ao acto, e subliñaron o grande compromiso dos mozos porque, grazas ás políticas do PP e o esforzo das xentes do sector, Galicia e as galegas e os galegos podan recuperar a ilusión polo mar

Exit mobile version