Site icon Crónica3.com A Mariña

Un erro informático privou a praia de Fontela-Valea en Barreiros da bandeira azul que agora recibe

BARREIROS (FNC) .- A praia de Fontela-Valea recibe tamén a bandeira azul neste 2010. Ainda que nun primeiro momento non apareceu nos listados facilitados a principios deste mes de xuño “todo obedeceu a un erro informático segundo nos explicaron nas últimas horas desde Adeac”, manifestou no día de hoxe o alcalde, Alfonso Fuente.

Barreiros segue a ser o primeiro municipio da costa de Lugo na obtención destes galardóns que lucirán en total 8 areais este verán: Arealonga, A Pasada, Lóngara, Coto, Acantilado-Remior, San Bartolo, Altar e Fontela-Valea.

Exit mobile version