Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha ducia de entidades e colectivos súmanse á Plataforma Sanitaria da Mariña

A MARIÑA .- Unha ducia de colectivos veñen de sumarse á Plataforma Sanitaria da Mariña que xa conta co apoio de máis de 70 colectivos sociais, sindicais e políticos da Comarca de cara a vindeira mobilización do vindeiro 26 de Xuño en Burela en defensa da sanidade pública na Mariña e contra o desmantelamento do Hospital da Costa.

Nota de Prensa

queren converter ao Hospital da Costa nun ambulatorio grande

Novos colectivos súmanse a Plataforma Sanitaria da Mariña

A AA.VV de Valcarría, a AC. Francisco Lanza de Ribadeo, o Colectivo Cultural Ollomao(Barreiros), Irmandade de San Caetano(Barreiros)Clube Deportivo Egovarros(Viveiro), Colectivo Cultural Chilindrín(Viveiro), Asociación Cultural Mardouro(Valadouro), AC Arrincandeira, a Asociación Xuvenil Galiza Nova, Queremos Galego – A Mariña, Clube de Xadrez A Pomba do Arco de Foz ou a Asociación Cultural Anduriña de San Cibrao veñen de sumarse na xornada de onte a Plataforma Sanitaria da Mariña que xa suma o apoio de máis de 70 colectivos sociais, sindicais e políticos da Comarca de cara a vindeira mobilización do vindeiro 26 de Xuño en Burela en defensa da sanidade pública na Mariña e contra o desmantelamento do Hospital da Costa.

Segundo comentou Dores F. Abel, Presidenta do Asociación Cultural Francisco Lanza de Barreiros, que falou en nome dos colectivos de recente integración, “a defensa da sanidade pública, a mellora da calidade asistencial e garantir que na Mariña non se desmantelen os servizos sanitarios é algo ao que non pode ser alleo o conxunto da sociedade. Hai dereitos e servizos que hoxe damos por asentados como é o feito de que a Comarca conte con un Hospital que se non saímos a rúa defendelo corremos o risco de que desaparezan. Tanto é así que a proposta de reorganización do modelo sanitario que está a elaborar a Xunta converte ao Hospital da Costa nunha sucursal do Hospital de Lugo”.

Dores F. Abel denunciou o estado no que se atopa a atención primaria na Mariña unha vez que a Xunta de Galiza paralizou xa en 2009 un plano de potenciamento da atención primaria para o período 2007-2011 , denominado “Plano Mellora” co que se pretendía aumentar os recursos dos médicos de familia así como delegar neles determinadas funcións que desenvolvían os especialistas. Agás no caso da receita electrónica que se está a introducir con grande lentitude, no caso da Mariña os aspectos que se recollían neste plano seguen sen facerse realidade. “Se a atención primaria xa presentaba moitos problemas, situándose ao borde do colapso, a situación agora é máis grave, pola recorte do gasto público en sanidade que ten o seu correlato na redución do numero de persoal nos centros de saúde. Tanto é así que a día de hoxe estase a incumprir na maioría dos concellos da Area Sanitaria o acordo asinado en 2007 pola Xunta que obrigaba que non houbera ningún médico con máis de 1200 cartillas ou que cada ATS só estivese asignado a un medico.E todo isto vai en detrimento dos usuarios da sanidade pública.”

A Presidenta de Francisco Lanza esixiu que a Xunta de Galiza se comprometa a garantir que no novo modelo de organización do sistema sanitario galego se garanta a existencia da Área Sanitaria da Mariña, mantendo o Hospital da Costa como centro  de referencia, coas competencias e servizos actuais. Na mesma liña demandou que nos Orzamentos de 2011 se recollan as partidas orzamentarias suficientes que permitan implantar o “Plano Estratéxico do Hospital da Costa” e proceder nese mesmo ano a iniciar as obras de ampliación do Hospital da Costa. Xa por último reclamou a aplicación do “Plano Mellora”, hoxe paralizado, e polo tanto proceda a dotar aos centros de atención primaria da Comarca dos medios humanos e materiais que se recollían no mesmo

Exit mobile version