Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños da provincia redescobren Ribadeo a través do programa KmO Xtreme da Deputación

LUGO .- Preto de 400 persoas participan esta semana nos 7 itinerarios organizados dentro do programa medioambiental da Deputación; así un centro de participantes do X Seminario de Atención ás Persoas Maiores fan o primeiro Paseo Cardiosaudable da Deputación e veciños da provincia redescobren Ribadeo a través da modalidade Xtreme e farán un treito do Camiño dende O Cádavo ata Castroverde con Km0 a Compostela.
NOTA DE PRENSA

Un centro de participantes do X Seminario de Atención ás Persoas Maiores fan o 1º Paseo Cardiosaudable da Deputación

– Veciños da provincia redescubren Ribadeo a través da modalidade Xtreme e farán un treito do Camiño dende O Cádavo ata Castroverde con Km0 a Compostela

– En total, preto de 400 persoas participan esta semana nos 7 itinararios organizados dentro do programa medioambiental

O Deputado de Cooperación cos Concellos, Antonio Gato Soengas, recibirá hoxe pola tarde no Pazo de San Marcos ós participantes no X Seminario de Formación e Atención ás Persoas Maiores, dentro de Km0. En total, máis de 100 asistentes ó encontro organizado pola Federación de Pensionistas e Xubilados de Galicia de Comisións Obreiras visitaron o Centro de Interpretación Terras do Miño e fixeron o Paseo Cardiosaudable: Ponte a Andar! da Deputacion.

O Paseo, que transcurre polo río Rato, está formado por 10 mensaxes ou regras que se deben seguir para diminuir o risco de padecer alguna enfermidade cardiovascular: “levar unha dieta saudable; camiñar trinta minutos ó día; nunca fumes. Se fumas, déixao xa!; mantén o teu peso ideal; vixía a túa cintura; coñece e controla a túa tensión arterial; vixía os teus niveis de colesterol e glicosa; aprende a controlar o teu estrés e a túa ansiedade; coñece o teu risco cardiovascular; e comparte as túas dúbidas con outra xente.

Para súa posta en marcha, a Deputación contou coa colaboración da FEC e da SEC, organización sen ánimo de lucro, e que ten por finalidade a mellora da prevención, diagnose e tratamento das enfermidades cardiovasculares, achegando a mensaxe científica dunha vida cardiosaudable á sociedade.

Outras rutas

Ademais dos participantes do congreso, 48 integrantes da Asociación de Veciños “Os Muíños” do Páramo coñeceron este martes a Ribeira Sacra.  Visitaron O Piago e o Ecomuseo de Belesar. Tamén subiron ó mirador do Cabo do Mundo e coñeceron a adega vía Romama. O itinerario tamén incluiu un percorrido en catamarán dende a praia da Cova. Asimesmo, 24 solicitantes individuais redescubriron Ribadeo a través da multiaventura e o deporte con Km0 Xtreme. A ruta elexida foi a de Móllate, que inclúe actividades como vela latina, catamarán, kayak e esquí náutico.

O mércores 55 veciños de Pantón viaxarán ata a Mariña. No Concello de Burela, visitarán a lonxa, o Museo do Barco Boniteiro e as redeiras. No caso da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Santa María de Meira a ruta elexida será a dos Peares, polo que farán o mesmo percorrido que o realizado hoxe polos veciños do Páramo.

O xoves, 48 solicitantes individuais farán unha treito do Camiño, dende o Cádavo ata Soutomerille con Km0 a Compostela.  Ademais, percorrerán o pazo e a igrexa de Vilabade, e a torre fortaleza de Castroverde. Ese mesmo día, 48 membros da Asociación “San Estevo” de Roupar (Xermade) decantaranse tamén polos Peares, polo que visitarán o ecomuseo, o mirador Cabo do Mundo, a adega Vía Romana e a igrexa da Cova. Completarán o itinerario cun percorrido en catamarán pola zona.

Exit mobile version