Site icon Crónica3.com A Mariña

Vivir o Miño

Este ano presentáronsenos dúas oportunidades económicas para a provincia que non podiamos deixar escapar: o Ano Santo e o 10º aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade. A Deputación, consciente desta riqueza, puxo en marcha xa no mes de setembro Km0 a Compostela, unha programación que inclúe rutas polos máis de 800 quilómetros de Camiños que atravesar a provincia. Deste xeito, adiantámonos ó Xacobeo, e convertémonos na primeira Administración en España cunha programación previa e estable.

Pero como dicía, este non é o único acontecemento que debíamos aproveitar xa que, se a isto lle sumamos o cumpreanos da nosa Muralla estamos, sen dúbida, diande dun ano único no que nos visitarán miles de persoas. E por iso, que sumamos esforzo xunto ó Concello de Lugo poñendo en marcha varias iniciativas dentro do programa municipal Lugo10.

Ata o momento, xa celebramos a I Gala Muralla Moda coa que logramos que xóvenes deseñadores da provincia, artesáns e mesmo recoñecidos profesionais do mundo da moda a nivel internacional se involucrasen na promoción ó exterior do Monumento co que todos os lucenses nos sentimos identificados. Tamén botamos ó mar o Barco Muralla, unha embarcación pioneira en España, inspirada na Mariña luguesa, e que percorrerá todo o país.

O noso obxectivo é que todos os veciños, independentemente da súa idade, participen neste aniversario, por iso impulsamos o I Concurso Nacional de Curtas e Maquetas, e vimos de presentar Lugoteando, unha programación para toda a familia, e que inclúe actividades que normalmente se ven no mar pero nós fomos capaces de traer ó río Miño dunha forma distinta.

Deste xeito, dende o 5 ó 22 de xullo, e sen saír da cidade, poderemos surfear, bucear, vixar en catamarán, ter unha cea romántica e ata camiñar pola auga dentro de bolas xigantes. Con imaxinación e austeridade, queremos achegar a xente ó rio, integralo na vida da cidade e en definitiva, vivilo para seguir impulsando o segundo patrimonio lucense logo do histórico: o medioambiente.

Lara Méndez López
Vicepresidenta Segunda da Deputación

Exit mobile version