Site icon Crónica3.com A Mariña

Volva vostede mañá

VOLVA VOSTEDE MAÑÁ e un famoso artigo no que Larra critica a preguiza dos españois para calquera cousa e sinala o concepto que por aquela época tíñase dos españois, os estranxeiros viñan, a maioría, atemorizados de que fosen ser asaltados por uns delincuentes ou cuatreros.
Larra expón estas ideas por medio dunha graciosa e curiosa anécdota que, como en todas as que Larra conta, está dotada dunha gran dose de ironía. Eu vou ser mais sinxelo e menos xenial que Larra, pero veño a dicir o mesmo mais de cen anos despois.

Ao veciño dixéronlle que a moto estaría lista mañá, a iso das sete. A veciña déronlle cita ás nove en punto para mirar o do seu vulto nas costas. A min, que o técnico instalador tocaría o timbre entre nove e once. Son partes dunha conversación trivial a iso das oito e media. Algo de que falar tras un «tomamos un viño e a casa» nun martes cheo de rutina.

Cando foi pola moto atopouna no mesmo sitio onde a deixou, non lle tocarán. O primeiro mecánico co que se topou díxolle que non tiña nin idea. Deu un par de berros ao do fondo e obtivo un «mañá» desde a distancia. «É que estamos moi liados…». Non contestou. Limitouse a volver no día e a hora que lle indicaron por segunda vez. E alí estaba a moto… Intacta de arranxos e revisións. Sen tocar.

Cinco minutos antes do acordado xa tiña de fronte a porta do especialista no hospital. Non había ninguén a dereita e esquerda. Dez minutos, vinte, media hora… Pasadas as dez unha enfermeira asomou a cabeza. «Oeu, eu viña…». O doutor non chega antes das once. Está pasando consulta na planta…

Eu esperei almorzado, duchado e listo. Xusto antes de esgotar o prazo soou o teléfono. «Sentímolo pero non vai poder ir… Mañá, entre nove e once». E así ata que lles preguntei se realmente querían vender o seu produto dous días despois. Á pobre telefonista caeulle unha rifa de carallo, non destinada a ela…

Entre o veciño, a veciña e eu, perdemos unha xornada laboral completa. E a todos citáronnos con hora precisa. Coma se un pide un café e dinlle que llo servirán dentro de 25 minutos. Por non falar dese «é que estou traballando» ao comezo de moitos atascos ou o obreiro cun sinal desas obras tan necesarias como lentas. Eu tamén estou traballando e chegarei tarde pola túa culpa… Non se xoga co tempo.
Para ficar a cousa leo o periódico e di en letras ben gordas “España á cola no ranking de produtividade da Unión Europea”.

Otero Regal

Exit mobile version