Site icon Crónica3.com A Mariña

Concello de Foz e Deputación patrocinan a “I Peregrinación Marítima pola Costa de Lugo”

LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o alcalde de Foz, José María García Rivera e o presidente do Club Náutico de Foz, Francisco Fernández Rego, presentaron a “I Peregrinación Marítima pola Costa de Lugo”. Trátase dunha iniciativa que se desenvolverá o 31 de xullo, e que se enmarca dentro do programa Km0 a Compostela. No evento participarán un total de 20 veleiros.

Nota de Prensa

1ª  Peregrinación Marítima

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, García Rivera e o Presidente do Clube Náutico de Foz, Francisco Fernández Rego, presentaron a 1ª Peregrinación Marítima pola Costa de Lugo. Trátase dunha iniciativa que se desenvolverá o 31 de xullo, e que se enmarca dentro do programa Km0 a Compostela. No evento participarán un total de 20 veleiros das provincias de Lugo –pertencentes ós clubes náuticos de Ribadeo, Burela e Casino de Viveiro- e de Asturias para reinvindicar que Lugo ten mar e poñer en valor o Camiño Norte. Ás 11:00 horas, dez destas embarcacións partirán do porto de Ribadeo e outros tantos do de Viveiro, para atoparse, sobre as 19:00 horas, na praia da Rapadoira, e logo participar nunha regata. Deste xeito, o espectáculo estará asegurado durante todo o día.

A iniciativa, que está patrocinada polo Concello de Foz e pola Deputación, estará apadriñada polo regatista Chunny, que no seu extenso palmarés conta con catro voltas ó mundo, dúas participacións na Copa América e unha nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004.

A demais, o 1 de agosto haberá baustismos de mar, polo que o Presidente do Clube náutico animou a toda a xente “a que redescubra a Costa de Lugo dunha forma diferente. Con esta iniciativa a Mariña convértese nun referente da náutica deportiva ó igual que hoxe en día son as Rías Baixas”. A actividade será gratuíta e os interesados terán que inscribirse chamando ó número de teléfono do Clube Náutico de Foz: 982 133 609.

Gómez Besteiro tamén aproveitou a visita á Mariña para visitar ás instalacións da cooperativa “Os Irmandiños”, e manter unha xuntanza cos membros do Consello Reitor a quenes lles explicou o proxecto do 1º Centro de Recría Público en España da Granxa Gayoso Castro.

Exit mobile version