Site icon Crónica3.com A Mariña

A actividade lúdico-pedagóxica “A Cociña dos contos” o mércores 4 de agosto a Barreiros

A praza do Concello acollerá o vindeiro 4 de agosto ás 19 horas unha actividade lúdico-pedagóxica denominada A cociña dos contos: cociñando contos 2010. Enmárcase dentro do programa Cultura sobre rodas da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Barreiros a través da Concellería de Cultura. O evento inclúe un pasarúas lector, a instalación dunha ciclobiblioteca con libros (contos e revistas sobre o medio ambiente) e a actuación de Seteventos, o cociñeiro dos contos que cociñará contos ensinando aos asistentes (nen@s, moz@s e adultos acompañantes) cómo se realizan. No caso de que chova a actividade trasladarase ao centro social de San Cosme

Exit mobile version