Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG chama a participar nos actos do Día da Patria Galega

A MARIÑA .- A Confederación Intersindical Galega fai un chamamento a todos os seus afiliados/as e simpatizantes para que participen das mobilizacións que o vindeiro 25 de xullo, Día da Patria Galega, se desenvolven en Santiago de Compostela, así como de todos os actos que se celebren para reivindicar a soberanía nacional, a xustiza social e a solidariedade.

A CIG considera que o actual marco xurídico é insuficiente, sobre todo nas materias que máis nos afectan como clase. Por iso, no actual contexto de crise económica a mobilización para reivindicar un autogoberno sustentado na autodeterminación e soberanía nacional, cobra aínda máis importancia, para a mellor defensa dos intereses da clase traballadora galega.

Exit mobile version