Site icon Crónica3.com A Mariña

Responsables da Xunta e da Deputación visitaron a lonxa de Burela afectada por un incendio

BURELA .- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou ás instalacións de Armadores de Burela para preocuparse pola súa situación tralo incendio. Asegurou que o seu departamento fará todo o posible para que a lonxa de Burela estea operativa. A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, tamén visitou as instalacións afectadas polo incendio iniciado  e amosou a colaboración da Deputación ós afectados.

REFERENCIA
1/2

A conselleira do Mar achegouse ás instalacións de Armadores de Burela para preocuparse pola súa situación tralo incendio desta mañá
A conselleira do Mar asegura que o seu departamento fará todo o posible para que mañá a lonxa de Burela estea operativa

Rosa Quintana destacou a boa disposición de todos os efectivos que están poñendo os medios necesarios para traballar coordinadamente
Volver Imprimir Enviar

Santiago, 22 de xullo de 2010.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asegurou que o seu departamento fará todo o posible para que mañá a lonxa de Burela estea operativa. Fíxoo durante a súa visita ás instalacións de Armadores de Burela (ABSA), afectadas polo incendio desta mañá. Rosa Quintana lembrou que “estamos en plena campaña do bonito e está indo moi ben, xa que hai moita pesca e estase pagando a bo prezo”. Neste sentido incidiu que a intención da Consellería do Mar é “limpar os residuos da parte que está afectada o máis rápido posible para que poidan empezar canto antes os traballos habituais da lonxa”.

A titular de Mar alegrouse de que “dentro do malo non houbese vítimas mortais” e en canto ás perdas ocasionadas polo incendio informou que aínda é cedo para determinar a cantidade de peixe que había dentro das instalacións . Engadiu que a policía xudicial está traballando niso para posteriormente proceder á retirada dos residuos. A conselleira destacou a boa disposición de todos os efectivos que están poñendo os medios necesarios para traballar coordinadamente.

Dispositivo de emerxencias

Tras recibir o aviso do incendio que empezou sobre as dez desta mañá na ala norte dunha nave de ABSA, a Consellería do Mar a través de Portos de Galicia puxo en marcha o dispositivo de emerxencias no que tamén participaron protección Civil de Burela, de Cervo, de Foz, de Viveiro e de Barreiros, entre outros da zona. Na extinción do incendio tamén participaron os bombeiros da fábrica ALCOA, situada no porto de San Ciprián, Salvamento Marítimo coas embarcacións Aliot e Concepción Arenal, botando chorros de auga desde o mar, e os operarios de Asteleiros Armón co seu dispositivo contraincendios. A policía local de Burela e a Garda Civil tamén puxeron a disposición os seus efectivos.

Portos de Galicia cortou a circulación de tráfico cara a ABSA, coa axuda da policía local, e arredor do medio día quedaba sufocado o incendio procedéndose á inspección das instalacións.

2/2

Lara Méndez supervisa os danos ocasionados polo incendio producido nas naves do porto de Burela

A Vicepresidenta 2ª trasladouse ata o lugar para interesarse polo sucedido e amosar a colaboración da Deputación  ós afectados

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, supervisou os danos producidos polo incendio iniciado esta mañá nas naves da asociación de armadores e pescadores de Burela (ABSA). Lara Méndez trasladouse inmediatamente ata o lugar unha vez que o incendio quedou contralado para comprobar o estado no que quedaron as instalacións portuarias e amosar a colaboración da Deputación ós afectados.

O incendio produciuse sobre as 10:15 horas na falsa cuberta das naves, propagándose polas oficinas da entidade. Logo de máis de dúas horas de traballo, sobre as 12 da mañá, quedou totalmente controlado. A Vicepresidenta Segunda subliñou que “afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais, aínda que os materiais son cuantiosos. O certo é que puido pasar algo grave. Dende a Deputación queremos amosar todo o noso apoio a ABSA, xa que as súas instalacións rexistran gran parte da actividade portuaria da Mariña”.

Nas labores de extinción participaron efectivos da Protección Civil dos Concellos de Barreiros, Viveiro, Foz, Xove e incluso de Lugo, así como os Grumires de Burela e a Policía local. Un curtocircuíto eléctrico puido ser a causa do incencio.

Exit mobile version