Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación adxudicou a conservación da rede viaria por máis de 18,5 millóns de euros

LUGO .- A Deputación adxudica provisionalmente a conservación da rede viaria ata 2012 por máis de 18,5 millóns de euros. O organismo provincial reestruturou o plan, pasando de 13 a 8 zonas co obxectivo reducir custes e de prestar un servizo máis eficaz ós veciños.

Nota de Prensa

A Deputación adxudica provisionalmente a conservación da rede viaria ata 2012 por máis de 18,5 M€

– Coa baixa e a mellora que presentaron as empresas e a mellora, o organismo provincial aforra máis de 5 millóns de euros

– En total, presentáronse 33 empresas, un 20% máis que en 2009, e a adxudicación produciuse mediante un procedemento aberto no que se garantiu a máxima transparencia e obxectividade

– O organismo provincial reestruturou o plan, pasando de 13 a 8 zonas co obxectivo reducir custes e de prestar un servizo máis eficaz ós veciños

– Gato Soengas subliña que fronte ó  plan presentado pola Xunta para a implantación da eadministración, a Deputación, moito máis ambiciosa, consegue co Innova-TE dar unha maior cobertura en menos tempo

A Xunta de Goberno aprobou este venres a adxudicación provisional da conservación da rede viaria provincial para o que resta de 2010 e ata 2012 por importe de 18.515.253 euros. Esta cantidade é o resultado da adxudicación, do IVA e da mellora que presentaron as empresas. Precisamente, coa baixa e a mellora que presentaron as adxudicatarias, o organismo provincial aforra máis de 5 millóns de euros. O voceiro provincial socialista subliñou que “reestruturamos a conservación, pasando de 13 a 8 zonas. O obxectivo é, en primeiro lugar, reducir custes, xa que ó diminuir o número de zonas, tamén é menor o número de empresas adxudicatarias, o que significa que a adxudicación nos sae máis barata porque a mesma empresa encárgase de máis Concellos. En segundo lugar, prestamos unha atención máis eficaz ós veciños da provincia porque o servizo está máis centralizado”.

Gato Soengas destacou que o proceso de adxudicación rexiuse por un procedemento aberto, no que se garantiu a máxima transparencia e obxectividade. Para iso, seguíronse os seguintes criterios: prezo, mellora, medios materiais e persoais e certificado de calidade. “Precisamente, é a primeira vez que se lle pide á empresa este último, así garantimos que o servizo sexa máis eficiente”.

Un 20% de empresas máis que en 2009

Para a conservación das 8 zonas presentáronse 33 empresas, un 20% máis que en 2009. As que máis demanda rexistraron son as zonas 1 con 19 empresas, a 4 con 18 e a 3 con 17.

“Este aumento débese ó descenso en obra pública rexistrado durante o último ano. Dende que comezou a nova Xunta de Galicia, o investimento en obra pública caeu nun 60%, mentres que a Deputación aumentouna en 60 millóns de euros co Plan Extraordinario de Obra Pública”.

Adxudicación nas 8 zonas

A adxudicación provinsional nas oito zonas queda do seguinte xeito: Zona 1 (adxudicada á UTE J. Sanjurjo S-L-Carferlo S.L Formada polos Concellos de Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Ourol, Muras, Xermade e Vilalba, que suman 530 quilómetros. Importe da adxudicación: 2.230.963 euros); Zona 2 (adxudicada a Isidro Otero. Formada polos Concellos do Valadouro, Foz, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Ribadeo, Trabada, Mondoñedo, Abadín, Riotorto, A Pastoriza e A Pontenova. Suman un total de 618 quilómetros. Importe da adxudicación: 2.888.374 euros); Zona 3 (adxudicada a Taboada e Ramos. Formada polos Concellos de Meira, Pol, Castro de Rei, Cospeito, Outeiro de Rei, Rábade, Lugo, Castroverde, Baleira, O Corgo, Láncara e Baralla. Estes Concellos suman 668 quilómetros, o que supón un custe para a Deputación de 2.786.191 euros); Zona 4 (adxudicada a Taboada e Ramos. Formada polos Concellos de (Guitiriz, Begonte, Friol, Guntín, Palas de Rei, Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín, O Páramo, Sarria e Paradela. Neste caso, a Conservación afecta a 680 quilómetros e o investimento ascende a 2.594.652 euros); Zona 5: (adxudicada a Carballeira S.L. Os municipios incluídos nesta zona son: Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Navia de Suarna. Estes cinco Concellos suman 332 quilómetros e a Conservación é de 1.715.506 euros); Zona 6 (adxudicada a Cymot S.A. Formada polos Concellos de Becerreá, Cervantes, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro. Suman 334 quilómetros e un investimento de 1.742.236 euros); Zona 7 (adxudicada á UTE Misturas S.A-Xuncal S.L. Formada polos Concellos Triacastela, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil. En total, 313 quilómetros e 1.593.584 euro); e Zona 8 (adxudicada a Rafer S.L. Formada polos Cocnellos de Bóveda, Pobra de Brollón, Monforte, Sober, Pantón, O Saviñao, Taboada, Chantada e Carballedo. Neste caso o investimento é de 2.963.747 euros e 738 quilómetros.

Outros acordos da Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno tamén aprobou tres actuacións incluídas dentro do Plan de Obras do canon de Guntín por valor de 242.555 euros. Trátase do acondicionamento do acceso de Trasdulfe a Pradedo de Abaixo, dentro da anualidade 2008-2009, e a substitución de tubaxes do abastecemento de auga municipal financiada dentro das tres anualidades, así como o acondicionamento da Praza Nova, dentro da de 2010.

Tamén se deu o visto e prace á subvención 106.898 euros para a rehabilitación do viario do núcleo de Ligonde, no Concello de Monterroso, así como a 11 contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais de 2009 menos 1 de 2007. Suman un total de 128.283 euros dos que a Deputación achega 79.611. Pertencen ós Concellos de Pol, Becerreá, Cospeito, Castro de Rei, Castroverde, Chantada, Quiroga, Vilalba, Viveiro, Monforte de Lemos e Outeiro de Rei.

Implantación da administación electrónica

Fóra da Orde do Día, o voceiro provincial socialista tamén se referiu ó anuncio da Xunta sobre os 9,1 millóns de euros que investirá ata 2013 para a implantación da administración electrónica en Galicia, xa que o proxecto do organismo provincial, o Innova-TE, é moito máis ambicioso. “Alegrámonos de que o señor Feijóo copie á Deputación de Lugo, pero faino tarde e mal. Neste programa terán entón que incluir ós 15 Concellos do PP que nos adheriron á nosa iniciativa, ó mellor eran sabedores de que a Xunta ía por outro camiño. O certo é que agora tócalles esperar ata o 2013, mentres que a Deputación vaino facer moito antes que o señor Feijóo e sen discrimación”.

Neste senso, citou varios exemplos:

1.- Mentres a administración autonómica realiza este investimento a longo prazo, a Deputación cos mesmos cartos implantará a administración electrónica en menos dun ano, o que lle permitirá se a primeira administración galega que ofrece unha solución integral para a eadministración, convertendo ás Casas Consistoriais em sedes electrónicas.

2.- Co Plan autonómico só se poderán realizar 85 procedementos telemáticos, co da Deputación 120, é dicir, 35 máis. Asimesmo, destes 120, 75 xa se están implantando.

3.- Con respecto á cobertura do proxecto: tan só a Xunta levará  a cabo 10 procedementos en 105 Concellos e o da Deputación 80 para 51 Concellos.

Exit mobile version