Site icon Crónica3.com A Mariña

A flota de baixura volve a faenar á captura do polbo, actividade paralizada desde maio

A MARIÑA .-A flota de baixura galega dedicada á captura do polbo inicia o luns, día 5, actividade extractiva do polbo que se paralizara dende o 28 de maio.

REFERENCIA

A Consellería do Mar abre mañá a campaña extractiva do polbo

A frota de baixura galega poderá capturar polbos entre as 07:00 e as 17:00 horas de luns a venres, sempre que pesen como mínimo un quilo

Santiago, 4 de xullo de 2010.- A frota de baixura galega dedicada á captura do polbo recupera mañá unha actividade paralizada dende o 28 de maio. Os profesionais que se dedican á pesca deste cefalópodo poderán faenar entre as 07:00 e as 17:00 horas da tarde de luns a venres, establecéndose o descanso semanal dende as 17:00 horas do venres ata as 07:00 horas do luns. O tamaño mínimo que debe acadar o polbo para a súa extracción e venda é un quilo.

A modificación do Plan de Explotación consensuado entre a Consellería do Mar e o sector, acorda que as embarcacións que teñen máis de 5 tripulantes poden capturar como máximo 30 quilos por embarcación e 30 quilos máis por cada tripulante enrolado a bordo ata un máximo de 210 quilos ao día dende o 1 de maio ao 30 de outubro. No resto da campaña extractiva o tope máximo diario de capturas é de 50 quilos por embarcación, ao que se suman 50 quilos por cada tripulante enrolado a bordo, ata un máximo de 350 quilos por día.

Así, para o resto das embarcación, a orde establece un tope diario de 30 quilos por embarcación e 30 quilos máis por cada tripulante a bordo (ata un máximo de 180 quilogramos por día) dende o 1 de maio ao 30 de outubro. No resto da campaña as cotas máximas de capturas son de 50 quilos por embarcación ao que se engadirán 50 quilos por cada tripulante a bordo (ata un máximo de 300 quilos por día).

Réxime de calamento das nasas
As capturas de polbo con nasa pechada realizaranse por fóra das rías, segundo as liñas definidas no anexo I do Decreto 369/94 do 2 de decembro, agás no período comprendido entre o 1 de outubro e o 30 de abril, ambos incluídos, no que poderán empregarse as nasas por fóra das liñas de referenza sinaladas no anexo V. De cabo Silleiro a cabo Corrubedo, por fóra das liñas que se sinalan no anexo I e en fondos superiores aos 15 metros, as nasas poderán permanecer no seu calamento sen ser levadas a porto, incluso durante o período de descanso semanal. Ademais, aquelas embarcacións que empreguen nasas pechadas para a captura de polbo poderán faenar durante todo o ano por fóra das linas de referencia sinaladas no anexo V do decreto 348/2002 do 13 de decembro, sempre e cando as levanten do calamento e as leven a porto tódolos días.

Así no resto do litoral galego, as nasas poderán permanecer no seu calamento sen ser levadas a porto aínda que sexa período de descanso semanal. Os aparellos deberán estar correctamente balizados e identificados indicando sempre o folio da embarcación e o tipo de arte, neste caso a nasa iría identificada coa letra “N”.

Exit mobile version