Site icon Crónica3.com A Mariña

A OMIX de O Valadouro convocou o “IV Certame de Banda Deseñada”

O VALADOURO .- A oficina municipal de información ao consumidor de O Valadoruo convocou o “IV Certame de Banda Deseñada OMIX Valadouro”, certame dotado cun premio único de 600 euros. O prazo de entrega de traballos remata o 30 de setembro

Nota de Prensa

IV Certame de Banda Deseñada OMIX Valadouro

IV Certame de Banda Deseñada OMIX Valadouro

prazo de entrega ata o 30 de setembro, premio único

de 600 €

PARTICIPANTES E TEMA

Poderán presentarse a este Certame calquera autor español ou

residente en España que teña máis de 18 anos no momento de

entregar o traballo. As obras versaran sobre temática libre

CONDICIÓNS XERAIS.

Cada autor/a pode presentar tres obras como máximo, que deberán

ser non premiadas con anterioridade.

Os textos poden ir en galego ou castelán

A técnica a empregar é libre. O formato pode ser unicamente en A3

ou en A4 con disposición vertical.

Os traballos deben ter catro páxinas como mínimo e dez como

máximo.

Alternativamente á presentación física, pódese enviar traballos de

cómic en formato dixital en arquivo jpeg coa tamaño A4 (2480×3508

px en resolución mínima de 200 ppp) Igualmente poden enviarse

tres obras sempre que conxunta ou individualmente enviadas non

supere o arquivo adxunto os 10 megas ao correo

bdvaladouro@gmail.com

PRESENTACIÓN, DOCUMENTACIÓN E PRAZO.

A presentación das obras no certame debe ir acompañada dun sobre

pechado onde irá a folla de solicitude que se titula Ficha BD . Este

Anexo pódese descargar en www.valadouro.org en documentación,

atopar nas oficinas municipais do Concello do Valadouro, por fax a

982 574 303 ou por correo ordinario a:

Nesta folla de solicitude irán os seguintes datos de identificación:

-Título/s da/s obra/s.

-Nome e apelidos do autor.

-Data de nacemento

-Enderezo, teléfono e e-mail(este dato opcional)

-Localidade.

Así como unha fotocopia do DNI ou pasaporte.

Exit mobile version