Site icon Crónica3.com A Mariña

A OMIX do concello de O Valadouro organiza ¡Un xullo moi divertido!

A OMIX do concello de O Valadouro organiza no mes de xullo unha serie de actividades lúdicas pensadas para nenos de 6 a 12 anos co fin de que desfruten e se divirtan durante as súas vacacións de verán. Levaranse a cabo todos os martes e xoves, entre os días 6 e 29 de xullo, en horario de tarde, de 16:30 a 18:30. Algunhas das actividades a realizar son: xincana dos desafíos, xogos coa auga e sombreiros tolos. Para máis información, poden acudir ás oficinas da OMIX na Casa da Cultura do concello de O Valadouro ou chamar ó teléfono 982571516 en horario de tarde.

Exit mobile version