Site icon Crónica3.com A Mariña

A rotonda da Cruz do Lobo

Onte, domingo 18 de Xullo, a iso das 18:30 horas, tiven que facer un viaxe a Coruña.

Durante o viaxe, tanto a ida como a volta, encontrei bastante tráfico, tanto na estrada nacional N634 como na autovía A6. Na peaxe da AP9 había algo de cola a hora de facer o pago, pero nada esaxerado. A entrada na Coruña, sobre as 20:15, con bastante trafico aínda que fluído.

Pero todo iso non foi nada comparado co que encontrei a volta, sobre as 22:00, na rotonda da Cruz do Lobo Un señor atasco. A situación era a seguinte:

* Cerrada a entrada a Foz polo Pozo Mouro. Había que ir á rotonda da Cruz do Lobo.
* Cerrada a saída cara a Lugo pola Espiñeira. Había que ir á rotonda da Cruz do Lobo.
* Cando cheguei a rotonda tiven que esperar aproximadamente 10 minutos para poder pasar, a pesar de que eramos moi poucos os que viñamos para a costa en comparanza cos que saian cara o interior.
* A cola dos que saían de Foz e tiñan que esperar paso na rotonda chegaba ata a metade da costa de Mañente. Non sei o tempo que terían que esperar estas persoas.
* A onde podía chegar a cola dos que saían das praias de Barreiros e Ribadeo non sei onde podían chegar, pero imaxínoo.

Isto vén a conto por que hai poucos anos que se reparou a rotonda da Cruz do Lobo co ánimo de eliminar os atascos estacionais que alí se montan.

Pera resolver os problemas que se dan neste cruce remodelouse a rotonda engadíndolle dous carrís que a evitan e así redúcese o tráfico nela. Un dos carrís e para a xente que baixa do interior cara a Ribadeo e o outro e para aqueles que circulan de Ribadeo a Foz.

Pero a solución mellora moi lixeiramente o problema, posto que a maioría do trafico que se dá e dos que marchan da Mariña cara o interior, e son estes precisamente os que teñen que pasar pola rotonda. E ademais as largas colas que se producen fan que os que poderían usar eses carrís teñen importantes retencións antes de chegar a eles.

A solución adoptada no seu dia foi moi pouco ambiciosa para ser unha estrada nacional e con moito trafico. Sería moito mais axeitado facer un paso elevado, ou subterráneo, co ánimo de eliminar a rotonda e poder circular eliminando o cruce a nivel.

Isto ben a conto porque a solución mais barata non é a que menos costa, senón a que menos costa das que resolven o problema. Por que si non resolve o problema a solución é cara custe o que custe.

E non podemos esquecer que a esa rotonda terá saída o Parque de bombeiros, o día que este funcione, si e que chega a funcionar.

Exit mobile version