Site icon Crónica3.com A Mariña

A vicepresidenta da Deputación recibiu ás participantes na escola de Mulleres Dirixentes de UXT

LUGO .- A vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez, recibiu ás participantes da V Escola de Mulleres Dirixentes de UXT, que nesta edición conta coa presenza de preto de 140 participantes de toda España. A xuntanza convertese nun punto de encontro para o intercambio de experiencias e coñecementos acerca do papel das mulleres no espacio laboral, social, sindical e político.

Nota de Prensa

Lara Méndez reivindica que o papel da muller en momentos de crise económica

– A Vicepresidenta Segunda recibiu ás participantes da V Escola de Mulleres Dirixentes de UXT, que nesta edición conta coa presenza de preto de 140 participantes de toda España

– O encontro, que remata mañá, convértese nun punto de encontro para o intercambio de experiencias e coñecementos acerca do papel das mulleres no espacio laboral, social, sindical e político

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, recibiu este venres ás participantes da V Escola de Mulleres Dirixentes UXT, que nesta edición se celebra en Lugo e conta coa participación de preto de 140 participantes de toda España con responsabilidades en todos os eidos da organización. No acto no que tamén estiveron presentes as Secretarias Xeral para a Igualdade de UXT, Almudena Fontecha, e as de Servizos Sociais e Políticas de Igualdade en Galicia e en Lugo, Carmen Brea e María José Vales, Lara Méndez reivindicou que o papel da muller debe reforzarse aínda máis en momentos de dificultade económica como o actual.

“Estamos viviendo una crisis económica sin precedentes. El origen de la misma no está en el comportamiento laboral de los trabajadores y trabajadoras de este país sino de la actuación irresponsable de determinados agentes económicos que han puesto en peligro el sistema financiero y obligaron al Gobierno a acudir a operaciones de rescate del mismo, inyectando el capital necesario para evitar peores consecuencia”. Neste senso, a Vicepresidenta indicou que “la crisis actúa sobre el empleo en general, pero hay esferas sociales que la sufren de manera especial, es el caso del sector femenino. Prueba de ello es que las empresas, ante problemas de liquidez, lo primero que recortan es en planes de igualdad. Pero lo cierto es que las mujeres no tienen que estar, sino que debemos estar”.

A V Escola, que se celebra dende onte e rematará mañá sábado, convértese nun punto de encontro para que as mulleres intercambien experiencias e coñecementos acerca do papel destas no espacio laboral, social, sindical e político. As edicións anteriores desenvolvéronse en Santiago, Coruña, Vigo e a última, no Concello lugués de Ribas de Sil.

Este ano, expertos do ámbito como a Vicepresidenta do Goberno de Cantabria, María Dolores Gorostiaga; a Directora do Instituto da Muller, Laura Seara; o Presidente do Tribunal Superior de Xustiza, Fernando Losada; e a Presidenta da Comisión Nacional de Convenios Consultivos, Carolina Martínez; disertaron sobre a normativa existente, as institucións de vixilanza e control do principio de igualdade ou o papel dos sindicatos contra a discriminación.

Exit mobile version