Site icon Crónica3.com A Mariña

A xestora de Novas Xeneracións de Burela discrepa da planificación do traballo nas praias

Nota de Prensa

NNXX de Burela denuncian a mala xestión na planificación do traballo nas praias do concello e o estado do equipamento dos postos de socorrismo.

A Xestora de Novas Xeneracións de Burela quere denunciar a xestión levada a cabo no referente o estado das praias do concello, xa que consideramos que ademáis de ser un dos atractivos do concello son os espazos máis fecuentados pola xuventude local durante o verán.

Queremos denunciar a tardanza no que se refire a preparación das praias para este verán,  deixando sempre de lado a reparacions dos destrozos ocasionados polas riadas, pero somos conscientes que as algas depositadas na Praia urbana do Portelo non caeron do ceo. A limpeza das praias non se completou ata xa entrados no mes de Xullo, acabando o mes de Xuño coa presencia de cravos oxidados na Praia urbana do Portelo e queixas o concello nese aspecto por parte dos vecinos.

No referente os postos de socorristas, tamén nos vemos na obriga de protestar pola tardanza no inicio da presencia dos mesmos, que se retrason ata o mes de Xullo. Nas NNXX opinamos que, se ben no era necesaria a presencia da totalidade dos efectivos na ultima quincena de Xuño, a presencia de poboacion nas praias do concello obligaba a realizar un pequeno desplienge de operarios. Ademáis somos conscientes das queixas de socorristas que participan este ano, a gran maioria de eles xente xove, sobre o estado no que se encontraron tanto os materias, con botiquis case baleiros, coma as casetas destinadas ós socorristas, que estaban cheas de polvo e sen limpar dende a temporada veraniega do ano pasado.

Exit mobile version