Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA e CCA insatisfeitas coa comisión de festas da patrona de Ribadeo ofrecense a colaborar

RIBADEO (FNC) .- A directiva de ACISA e CCA móstrase insatisfeita coa forma de proceder da comisión de festas da patroa de Ribadeo. Ao colectivo gustaríalle que “se nos informe e que se conte connosco cando se organizan actividades na vila. Estamos dispostos a traballar e a colaborar coa comisión de festas de Ribadeo, pero estaría ben que falásemos e que entre todos elixísemos as datas máis idóneas para organizar diversos tipos eventos”.

Segundo a nova directiva de ACISA e CCA “o sector hostaleiro en Ribadeo é moi importante e estaría moi ben que se lle tivese en conta. Ribadeo precisa de dinamización noutras épocas do ano, máis que en pleno verán cando a súa poboación aumenta e moito e cando recibimos a miles de visitantes”.

Exit mobile version