Site icon Crónica3.com A Mariña

Aviso de corte temporal no subministro de auga en San Cibrao

Con motivo da realización de obras de mellora na rede xeral de canalización de auga de San Ciprián, mañá xoves, día 29 de xullo dos correntes, procederase a un corte de auga desde as 10:00 horas ás 11:30 horas, que afectará a Avda. da Mariña (desde o cruce ata a ría), rúa do Cobo, rúa do Xunco, Avda. de Lieiro e Lieiro. Tamén poden quedar afectadas zonas colindantes ás rúas mencionadas.

Exit mobile version