Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros organiza cursos de danza moderna para todos durante o verán

BARREIROS (FNC) .-. A Concellería de Cultura de Barreiros organiza un curso de danza moderna e hip-hop do 12 ao 23 de xullo no centro social de San Cosme. Haberá dous grupos de 20 persoas como máximo cada un. As clases serán de luns a venres de 10:30 a 12 horas para os maiores de 11 anos e de 12 a 13:30 horas para os nenos de 6 a 10 anos.

A Concellería de Cultura ofrece tamén cursos gratuítos de informática para nenos e nenas, xóvenes e adultos, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Serán do 26 de xullo ao 6 de agosto no centro social de San Cosme.

O curso dirixido a mozos a partires de 12 anos e a adultos abordará cuestións como fotografía dixital e retoque fotográfico ademais de cuestións relacionadas con internet como o correo electrónico, os buscadores, a tramitación de documentos e as redes sociais. Este curso terá lugar de luns a venres de 10 a 11:30 da mañá.

E de 11:30 a 13 horas desenvolverase o curso destinado a nenos con idades comprendidas entre os 7 e os 11 anos. Os participantes recibirán información sobre procesador de textos, fotografía dixital ademais de xogos educativos e correo electrónico en internet.

Os interesados en participar nestes cursos de danza moderna e hip-hop e informática poden inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil de 9 a 14 horas.

Exit mobile version