Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela acolleu a última xornada da liga de fútbol sala da FEAFES e do campionato “Todos polo fútbol”

BURELA .- Celebrouse no pavillón Vista Alegre de Burela a última xornada e a entrega de trofeos da liga de fútbol sala e do IV campionato galego “Todos polo fútbol”, promovido pola Federación de Asociacións de Enfermos mentais (FEAFES). Na xornada participou Antonio Veiga, delegado de Deporte da Deputación, Neves Cando, concelleira de Cultura de Burela, o presidente de FEAFES, José Ramón Girón; o directivo do CD Burela FS, Marcelino Luna; a concelleira de Sanidade, Sonia Fraga e o alcalde de Burela, Alfredo Llano, entre outros.

Nota de Prensa

ANTONIO VEIGA PARTICIPOU NA ENTREGA DE TROFEOS NA FINAL DA LIGA DE FÚTBOL SALA E DO IV CAMPIONATO GALEGO “TODOS POLO FÚTBOL”

O campionato, cuxa primeira copa foi para os xogadores do Lenda, é promovido pola Federación de Asociacións de Enfermos mentais (FEAFES) e celebrouse no pavillón Vista Alegre de Burela

A campioa da liga do grupo norte foi a asociación Apem Cee, e a subcampioa a Apem Coruña. No grupo sur, resultou gañadora a Lenda e subcampioa a asociación Lar

Burela, 02 de xullo de 2010. O delegado de Deporte da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, participou esta tarde na entrega de trofeos na xornada final da liga de fútbol sala, durante a cuarta edición do campionato galego “Todos polo fútbol”, que promove a Federación de Asociacións de Enfermos Mentais (FEAFES). A esta xornada final tamén asistiron Neves Cando, concelleira de Cultura de Burela, o presidente de FEAFES, José Ramón Girón, o directivo do CD Burela FS Marcelino Luna, a concelleira de Sanidade, Sonia Fraga e o alcalde de Burela, Alfredo Llano, entre outros.
O campión da liga do grupo norte foi o Apem Cee, e o subcampión o Apem Coruña. No grupo sur, resultou campión o Lenda e subcampión o Lar. En canto ao campionato “Todos polo Fútbol”, a primeira copa foi para a asociación Lenda e a segunda para a asociación Apem Coruña.

Neste campionato participaron, ademais da asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, Apem Coruña, Apem Carballo, Apem Cee, Apem Cambre, Porta Nova (Narón), Alba (Pontevedra), Doa (Vigo), Lar (Vilagarcía de Arousa), Morea (O Barco) e Lenda (Redondela).  Este ano, o campionato celebrouse no pavillón do Vista Alegre de Burela e foi apoiado pola Área de Deporte da Deputación, e polo C.D. Burela F.S. e o concello burelao. O pavillón Vista Alegre acolleu a cita desde as 11 horas desta mañá ata as 19 horas da tarde, cando se celebrou o partido do que finalmente se erixiu en gañador do campionato.

O obxectivo deste encontro deportivo non é outro que promover a participación social do colectivo de enfermos mentais a través do deporte, que xoga o papel de instrumento integrador e de sensibilización social. Pretende fomentar a participación das persoas con enfermidade mental e dos seus familiares en eventos deportivos e competicións, loitando así contra o estigma social, e ademais trata de instrumentalizar o deporte como ferramenta de traballo para as persoas que necesitan dunha mellora do estado físico e mental, á vez que disfrutan do tempo de lecer e fomentan as relacións con outras persoas.

Exit mobile version