Site icon Crónica3.com A Mariña

CIG-Saúde rexeita a política da consellaría de Sanidade e a actitude da conselleira

A MARIÑA .- A CIG-Saúde rexeita a política sanitaria que está a levar a cabo a consellaría de Sanidade e a actitude da conselleira “coas/os  representantes das plataformas sanitarias constituídas nas diversas localidades en defensa da sanidade pública”.

Nota de Prensa

A CIG-Saúde quérelle amosar o noso máis enérxico rexeitamento á  actitude que tivo no día de onte coas/os  representantes das plataformas sanitarias constituídas nas diversas localidades en defensa da sanidade pública.

Non é de recibo que nun “estado democrático” se mande actuar ás forzas de orde pública contra quen, pacificamente, amosa publicamente, nun espazo público “A Praza da Concordia”, o seu rexeitamento á política sanitaria que está a levar a cabo a consellaría que vostede dirixe.

É a primeira vez que no eido sanitario se utilizan as forzas de orde pública para intentar calar as voces que queren transmitir as inquedanzas da poboación das súas localidades, que ven con preocupación o futuro da sanidade e o recorte das prestacións que esta consellería pretende acometer.

A CIG-Saúde solicita de vostede que en aras a garantir o dereito democrático que ten toda persoa de reivindicar  publicamente e pacificamente unha sanidade pública e de calidade, reprobe a actuación policial, e se desculpe publicamente por estas actuacións.

Agardando de Vde. unha resposta na maior brevidade posíbel.

Exit mobile version