Site icon Crónica3.com A Mariña

A universidade de Santiago impartirá en Ribadeo un curso de verán sobre o deseño de agrosistemas sostibles

RIBADEO (FNC) .- Ribadeo acollerá a vindeira semana un curso de verán da Universidade de Santiago sobre o deseño de agrosistemas sostibles. Será os días 22 e 23 de xullo na Casa do Mar e na Escola Pedro Murias.
Segundo informa a Delegación de Medio Ambiente “o curso, dirixido por Anna Cervera e Víctor Gonzalvez, conta co cofinanciamento do Concello de Ribadeo, da Fundación CETAL, da Deputación de Lugo e da Consellaría de Medio  Rural, entre outros”.

O programa inclúe unha viaxe con breves visitas amosando exemplos dos usos e tendencias actuais no rural de Ribadeo, un exercizo práctico de avaliación de sostibilidade mediante indicadores por parte do director técnico da Sociedade Española de Agricultura Ecológica e un obradoiro de leite e transformados. A finalidade do curso é introducir un debate no que teñan cabida as experiencias locais e os coñecementos técnicos e ecolóxicos co fin de amosar o camiño ao desenvolvemento sostible da agricultura, gandería e silvicultura no noso rural.

Os interesados poden matricularse na Universidade de Santiago, xa sexa persoalmente ou a través de internet, na web en http://www.usc.es/cultura/uveran10.htm .

Exit mobile version