Site icon Crónica3.com A Mariña

O Festival de Ortigueira, referente do mundo folk e cita ineludible do verán, celébrase de xoves a domingo

ORTIGUEIRA .- A vila de Ortigueira e o areal de Morouzos transfórmanse esta semana na residencia temporal de milleiros de persoas que de xoves a domingo acoden ao Festival de Ortigueira, cita ineludible do verán e un dos referentes mundiais do folk. A súa magnitude excede xa o puramente musical, para consolidarse como un espazo libre onde conflúen xentes de todas as tribos chegadas dos máis diversos puntos da xeografía, aseguran na web do festival.

PROGRAMA
—————-
Xoves 8 de xullo
—————-
22 h- Noite de folk rock
Escenario Estrella Galicia
Krêposuk (Bretaña)
Celtas Cortos (Castela León)
Oysterband (Reino Unido)

17 h- Feira de artesanía
Paseo marítimo
Apertura das casetas do feiral

18 h- Universo Crebinsky
Teatro de Beneficencia
Estrea do film (5 €), e despois, actuación da Banda Crebinsky na Praza Isabel II

20 h- Inauguración exposicións:
Casa do Concello
“Carácter Celta”

“Olladas no Camiño de Santiago”

20:15 h- Inauguración musical
Praza de Isabel II e Alameda
Escola de Gaitas de Ortigueira (Galicia), Johnston Pipe Band (Bretaña), Banda de Gaitas Viana – Manzaneda (Galicia), Dúo zanfona e voz (Óscar Fernández e Cristina Pico) e cuarteto de gaitas escocesas.
—————–
Venres 9 de xullo
—————–
20 h- Sesión de concertos
Escenario Estrella Galicia
Marful (Galicia)
Escola de Gaitas de Ortigueira (Galicia)
Orion (Bélxica/Bretaña/Irlanda)
Cristina Pato + convidados (Galicia)
Afterhours, “The bothy band tribute” (Irlanda)
Qui hi ha? (Cataluña)

12 h- Pasarrúas
Biblioteca – Praza de Isabel II
Johnstone pipe band (Escocia)

17 h- Universo Crebinsky
Praza de Isabel II + Teatro
Banda Crebinsky + película (5 €)

18 h- Pasarrúas
Biblioteca- Campo San Roque
Bagad Karreg An Tan (Bretaña), Banda de gaitas Viana- Manzaneda e corpo de baile da Asociación Gamela e Anduriñas (Galicia)

18:30 h Mostra bandas e baile
Campo de San Roque
Coas agrupacións do desfile previo

20 h- Universo Crebinsky
Praza de Isabel II + Teatro
Banda Crebinsky + película (5 €)
——————
Sábado 10 de xullo
——————
20 h- Sesión de concertos
Escenario Estrella Galicia
Bagad Karreg An Tan (Bretaña)
Chirlomirlo (Galicia)
Leilía (Galicia)
Anxo Lorenzo Band (Galicia)
Gaelic Storm (EE.UU.)
Shooglenifty (Escocia)
Rare folk (Andalucía)

12 h- Pasarrúas
Praza de Isabel II- Avda. da Penela
Banda de gaitas El Enxambre (Asturias)

12 h- Concerto didáctico
Claustro da Casa do Concello
Molard Brothers

16 h- Radio en directo
Teatro de Beneficencia
Lume na palleira de Radio Galega

17:30 h- Pasarrúas
Praza de Isabel II- Avda. da Penela
Johnstone pipe band (Escocia), Banda de gaitas Celturia (Valencia) e Banda de gaitas Mazikandú (Murcia)

18 h- Mostra de baile
Avda. da Penela
Coas agrupacións do desfile previo.

18 h- Concerto na rúa
Praza de Isabel II
Molard Brothers
——————-
Domingo 11 de xullo
——————-
17 h- Proxecto Runas 2010
Escenario Estrella Galicia
Celtic Maze (Madrid)
Xabi Aburruzaga(Euskadi)
The Crass (Galicia)

12 h- Desfile de bandas
Saída dende explanada de concertos
Escola de Gaitas de Ortigueira, Banda de gaitas de Ladrido, Banda de gaitas de AC Malante de Malpica, Banda de gaitas Viana- Manzaneda, Cuarteto Os Viqueiras (Galicia), Johnstone pipe band (Escocia), Bagad Karreg An Tan (Bretaña), Banda de gaitas El Enxambre (Asturias), Banda de gaitas Celturia (Valencia), Banda de gaitas mazikandú (Murcia)

14 h- Radio en directo
Teatro de Beneficencia
Lume na palleira de Radio Galega

19 h- Universo Crebinsky
Teatro de Beneficencia
Último pase de “Os Crebinsky” (5 €)

Exit mobile version