Site icon Crónica3.com A Mariña

Estase desenvolvendo en Burela o IV Campus Mixto Internacional de Fútbol Base

BURELA .- Estase desenrolando en Burela o IV Campus Mixto Internacional de Fútbol Base que organiza o club deportivo Burela FS, no que están a participar nenos de entre 7 e 14 anos e que este ano reune aos mellores especialistas do fútbol sala nacional e internacional. O delegado de Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, visitou o campus que conta co patrocinio da Área de Deporte da Deputación, da Fundación Deporte Galego, e o Concello de Burela entre outros.

Nota de Prensa

ANTONIO VEIGA VISITOU O IV CAMPUS MIXTO INTERNACIONAL DE FÚTBOL BASE DO CD BURELA FÚTBOL SALA

O CD Burela FS da cita neste campus, dende o pasado mércores e ata mañá sábado, aos mellores especialistas do fútbol sala nacional, estatal e internacional

BURELA, 16 de xullo de 2010.O delegado de Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, visitou esta mañá o IV Campus Mixto Internacional de Fútbol Base que organiza o CD Burela FS, no que están a participar nenos de entre 7 e 14 anos e que este ano está volvendo a reunir aos mellores especialistas do fútbol sala nacional e internacional. O delegado de deportes manifestou aos rapaces, organizadores e monitores a súa satisfacción polo ben que está a marchar o campus, e animounos a continuar esforzándose para acadar os mellores resultados á vez que pasan un bo rato e disfrutan das vantaxes de practicar un deporte como o fútbol sala.

Dende o pasado mércores, as xornadas que organiza o club burelao reuniron convidados como José Mª. Pazos Méndez “Pulpis”, seleccionador de Tailandia que xa asistira na primeira edición, o xogador internacional Marcelo e o ex-gardameta do Azkar Lugo, Toni, ademais dos adestradores Paulo Eduardo de Jesús Pinho “Padú” e Juan Miguel García “Juanito”. Os 45 rapaces desta cuarta edición comezaron o pasado mércores con Pulpis e Padú nos adestramentos da mañá, nos que tamén puideron aprender da destreza do mozo burelao Iago Míguez. Neco moderou unha charla coloquio, e animou ao alumnado a exercer de xornalistas e tratar de resolver curiosidades sobre a formación de base, os valores relevantes do fútbol sala e as experiencias dos convidados. Onte xoves, continuaron Padú, Iago Míguez e o burelista Neco transmitindo os seus coñecementos aos alumnos, e incorporáronse ás actividades o preparador Suso Rey e o gardameta Edu. Adestramentos, xogos na praia e unha xincana foron as actividades da xornada.

O campus, ademais do patrocinio da Área de Deporte da Deputación, conta co da Fundación Deporte Galego, e o Concello de Burela entre outros. Con tres edicións ás súas costas, o Campus Burela FS xa é unha referencia nos eventos deportivos da Mariña, debido tanto ao seu éxito de participación como aos profesionais que asistiron a outras edicións: Venancio López, seleccionador de España,  Eduardo Sao-Thiago Lentz “Duda”, adestrador de El Pozo Murcia, Bruno García, adestrador do Azkar Lugo e seleccionador de Galiza, María Varela Bardanca, seleccionadora de Galiza Feminina, e o ex-internacional Javier Orol.

Exit mobile version