Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela ve positivo o encontro con responsables de Portos de Galicia, Absa e confraría

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, valorou de xeito moi positivo o encontro que mantivo nas últimas horas o presidente de Portos de Galicia cos responsables de Absa, da cofraría de pescadores e do propio Concello. A él plantexáronlle diversas necesidades para o porto burelés como a ampliación do espigón que separa a zona comercial da pesquera e a reanudación e conclusión das obras do acceso ao peirao.

Llano suliñou que “nós consideramos que este porto é un referente clarísimo na cornisa cantábrica e o que lle transmitimos foi esa preocupación de seguir contando coa súa axuda para que poidamos continuar no mesmo nivel. Falamos do espigón ou martelo que separa a zona comercial da pesqueira, plantexámoslle unha ampliación duns 25 ou 30 metros máis. Van consideralo, van facer un estudio porque parece ser que é unha ventaxa clara para os barcos que atraquen nesa zona. Cara outubro ou novembro si todo vai ben podería licitarse a obra”.

O rexedor explicou que “tamén abordamos outras cuestións como a área comercial do Berbés, que está enfrente de Absa, é unha zona amplísima que nós queremos activar porque está pouco explotada. Hai madeira, pero habería que tentar poñer en marcha outro tipo de industria, estivemos falando de cómo se pode encauzar e levar adiante esta proxección que lle queremos dar a esa zona. Procuraremos tanto desde Portos como desde o Concello facer a máxima publicidade das nosas intencións e realizaremos as xestións que poidamos neste sentido”.

Outro dos temas que preocupan no seo do goberno municipal é o acceso ao porto “que está paralizado, agora hai unha modificación do proxecto que estará a información pública durante dous meses e unha vez rematado este período pensamos que xa poderemos poñernos mans á obra de novo. Eso coincidirá a finais deste ano ou principios do vindeiro, é algo que canto antes se faga mellor”.

Alfredo Llano engadiu que “falamos tamén neste encontro un pouco dun convenio que temos pendente de asinar entre Portos e o Concello para facer obras na zona portuaria. Agora por exemplo estamos a traballar duramente no pozo de bombas na Edar, algo moi importante despois do que ocorreu coas riadas do mes pasado, temos que colocar bombas potentes e trituradoras para beneficiar o paso das augas pluviais e das residuais a través da Edar. Agardo que asinemos o convenio en breve porque é moi necesario para realizar todas estas obras que tanto interés teñen para Burela”.

O alcalde burelés dixo que “a conversa foi positiva, a relación institucional é estreita e o que temos en común é tentar favorecer ao máximo posible ao porto de Burela cos beneficios que eso suporá desde os puntos de vista económico e social para todo o municipio”.

Exit mobile version