Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo agarda que despois do verán a Deputación amplíe a estrada entre As Illas e Os Castros

RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, agarda que despois do verán a Deputación acometa a ampliación da estrada da costa entre As Illas e Os Castros e poder contar o vindeiro ano cuns aparcadoiros definitivos na praia de As Catedrais.

O rexedor dixo que “debemos valorar toda esta actuación que estivo facendo a Deputación nestes últimos meses neste tramo tan importante da estrada da costa, que fundamentalmente serve ás praias de Esteiro, As Catedrais e As Illas. É unha inversión importante e un compromiso que en parte está cumprido, aínda que como eu lle digo de maneira cordial ao presidente da Deputación, como él sempre di que cando son días de celebración hai que pensar na celebración, eu estou posto polos veciños de Ribadeo para pensar na celebración, pero para pensar no traballo que tamén hai que facer e que aínda resta. E pídolle que sen máis demora ao rematar este mes estival, este mes de agosto, se retomen os traballos para continuar desde o remate desta actuación na praia das Illas ata Os Castros, son uns centos de metros máis, pero non quedaría unha obra ben rematada de todo senon afecta a todo o territorio de praias que inicialmente estaba previsto”.

Suárez Barcia agarda que “agora a Deputación cumpra como cumpriu desta maneira e que a praia de Os Castros tamén se vexa fortalecida por esta nova  ampliación do vial que falta. E outro compromiso que o presidente da Deputación de bó grao está traballando nel, pero a ver si é posible para o ano que ven que entre a Dirección General de Costas, a Deputación, a Subdelegación do Goberno (como coordinadora) e o Concello de Ribadeo poidamos ter uns aparcadoiros definitivos para a praia das Catedrais”. O alcalde lembrou que “o Concello desde hai tres anos está a utilizar uns aparcadoiros provisionais para os que ten que pedir autorización autonómica e o nivel de protección é tan grande que moito nos tememos que o día menos pensado a Xunta non nos autorice este tipo de aparcadoiros tenmporais ao lado do mar. É necesario ter un aparcadoiro dimensionado para o que é unha das mellores praias do mundo, unha das praias máis visitadas de Galicia e ao mesmo unha das poucas que ten un acceso directo desde a autovía. O presidente da Deputación manifestou públicamente da intención tanto da ampliación da estrada ata a praia de Os Castros e tamén de redobralos esforzos para que o aparcadoiro sexa unha realidade. Nós tomamos boa nota e esperamos que así sexa”.

Exit mobile version