Site icon Crónica3.com A Mariña

O ascensor panorámico de Ribadeo, que costou millón e medio de euros, funcionará solo e de día

RIBADEO (FNC) .- O ascensor panorámico de Ribadeo comezará a funcionar mañá sábado, segundo anunciaba este mediodía o alcalde.

Fernando Suárez dixo que “o elevador comezará a funcionar quince despois de que personas do goberno estatal inaugurasen esta obra. Foi o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño o encargado de sufragar o investimento que ascendeu a millón e medio de euros. Un ascensor controvertido, pero que xa forma parte do noso acerbo arquitectónico urbano ribadense e que o Concello de Ribadeo ten que aceptar, asumir e costear os gastos de mantemento e conservación”. O rexedor explicou que “desde daquela tentamos poñelo en funcionamento, pero non estaban listas as cuestións eléctricas, despois destas dúas semanas por fin no día de hoxe os responsables da empresa en coordinación co ministerio indícanme que xa poden garantir que existe subministro eléctrico ao ascensor, polo tanto o Concello non ten ningún inconvinte en abrilo ao público a partires de mañá. Se non se abriu antes é porque non había subministro eléctrico e o Concello pouco podía facer, a responsabilidade do Concello ía tamén en dotar de liña telefónica ao ascensor, algo que non se podía facer namentras non contase con electricidade esa instalación”.

O alcalde supón  que “será unha cousa moi visitada polos turistas, a partires de mañá abrirá as súas portas, pechará polas noites sen precisar os horarios e en función do número de visitas acortarémolo ou ampliarémolo un pouquiño máis. A preocupación que temos é de cara ao vandalismo, teremos que prestarlle especial atención porque non vai contar cun ascensorista. Eu négome a contratar a unha persoa para iso, eu estiven en contacto con algunha asociación de minusválidos para que nunha pequeniña oficina de dous metros cadrados puideran dar información turística ao mesmo tempo que vender algunha revista, pero declinaron amablemente a nosa invitación e o ascensor non terá a ninguén que o atenda. Nós non vamos a desviar recursos municipais para ter un ascensorista”.

Fernando Suárez engadiu que “a Policía Municipal e Protección Civil abrirano polas mañás e pecharano polas noites e será suficiente esta actuación” e lambrou que  “nós non escollemos o día da inauguración e quizás alguén se anticipou a inaugurar obras en perfecto estado de revista para seren entregadas a quen as ten que manter que é o Concello de Ribadeo

Exit mobile version