Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG convida á sociedade mariñá a participar dos actos do 25 de xullo, Día da Patria Galega

Nota de Prensa

O BNG convida á sociedade mariñá a participar dos actos do 25 de xullo, Día da Patria Galega

Os nacionalistas fletarán autobuses para acudir ao festigal organizado por Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre

Na Mariña están previstos actos en varias localidades arredor do Día da Patria

A Mariña, 8 de xullo de 2010. O BNG presentou hoxe en rolda de prensa ofrecida por membros da Executiva Comarcal a campaña do “Día da Patria Galega” na que anunciaron a celebración de actos en varias localidades da comarca para celebrar o “Día da Patria Galega” que terá como acto central a manifestación do día 25 de xullo nas rúas de Compostela e o http://www.festigal.com/ que un ano mais porá en escena os días 24 e 25 de xullo no Campus Universitario Sul de Compostela concertos, foros de debate cultural e político, galería audiovisual, espazo de animación, zona de xantar, feiras, etc. Para o que anunciaron a posta a disposición de autobuses e o teléfono 982140654 para anotarse.

Autobuses para acudir ao FESTIGAL e á manifestación do 25 de xullo en Compostela

O BNG presentou hoxe en rolda de prensa os actos de celebración do 25 de xullo “Dia da Patria Galega” nos que o nacionalismo galego conmemora actos pola afirmación da nosa identidade colectiva tal como quedou instaurado polas Irmandades da Fala en 1920. Os nacionalistas fan un chamamento a participar do conxunto dos actos que se celebrarán na comarca da Mariña e tamén nas datas do 24 e 25 de xullo no FESTIGAL e na manifestación que terá lugar en Compostela o 25 de xullo. Neste sentido expuxeron o conxunto dos actividades organizados para o FESTIGAL 2010 que se celebrará os días 24 e 25 no Campus Sul de Compostela e poden ser consultados na web http://www.festigal.com/ , entre os que destacaron os concertos, os foros de debate sobre cultura e política, galerías do audiovisual e o teatro, feira de artesanía, espazos de animación, café concerto, zona de xantar. O BNG anunciou a posta a disposición das persoas que queiran asistir poderán facelo en autobús anotándose no teléfono 982140654

Actos paralelos en diferentes localidades da comarca da Mariña

A Executiva Comarcal do BNG animou tamén a participar dos actos previstos pola organización na comarca da Mariña entre os días 10 e 31 de xullo. Os nacionalistas anunciaron actos en diferentes formatos que terán inicio o sábado 10 no Muíño do Almacén de Cervo cun mitin Festa no que intervirá o Deputado nacionalista no Congreso e Membro da Executiva Nacional, Francisco Jorquera ás 20.00hrs. O domingo 18 ás 14.00hrs. haberá un mitin xantar na área Recreativa de Sto. Estevo do Ermo en Barreiros no que intervirá o histórico dirixente nacionalista, Bautista Álvarez. O venres 23 de xullo ás 21.00hrs. na Praza das Rodrigas de Riotorto haberá un mitin cea coa intervención do membro da Executiva Nacional, Francisco Rodríguez.. O sábado 24 de xullo ás 14.00hrs. haberá un mitin xantar na área Recreativa da Fervenza de Mondoñedo, e no mesmo día celebrarse unha merenda mitin nos Xardíns Municipais de Viveiro que incluirá a actuación de Mini e Mero. Por último, aínda que poderían celebrase mais actos, pecharase cun acto comarcal no Porto de Foz o día 31 de xullo a partir das 19.30hrs. cunha chicharrada popular que contará coa intervención do Portavoz Nacional do BNG Guillerme Vazquez. o mesmo día celebrarse ás 14.00hrs. un mitin xantar na área Recreativa do Monte Castelo en Burela.

O 25 de xullo, data emblemática para o nacionalismo galego

A Executiva comarcal recalcou a necesidade de participar nos actos do 25 de xullo, unha data emblemática para o nacionalismo galego, moito mais nun contexto no que o actual goberno do PP non ten reparos e atacar un dos sinais de identidade colectiva do pobo galego como e a lingua aprobando normativas como o decretazo do galego que retrotrae os dereitos lingüísticos á tempos preautonómicos.  Na mesma liña criticaron o peche ao público do Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval para o que pediron a súa apertura e lembraron que o próximo xoves 15 de xullo organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega http://www.aelg.org/GetActivityById.do?id=189 coa colaboración doutras asociacións e o apoio de mais de 200 colectivos culturais, celebrarase un cortexo cívico en conmemoración do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro que tivo lugar o 25 de maio de 1891.

Exit mobile version