Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros pedirá explicacións sobre as últimas novidades do conflito urbanístico

Nota de Prensa

O BNG PEDIRÁ EXPLICACIÓNS NO VINDEIRO PLENO SOBRE AS ÚLTIMAS NOVIDADES DO CONFLICTO URBANÍSTICO.

Barreiros, 10 de xullo de 2010. O BNG pedirá explicacións no vindeiro pleno da Corporación barreirense a cerca das últimas novidades sobre o conflicto urbanístico. Anuncióuno hoxe o portavoz dos nacionalistas, Antonio Veiga.

Desde o grupo municipal do BNG apuntan que “diante das últimas noticias que volven aparecer na prensa relacionadas co urbanismo de Barreiros cremos que se está creando un clima de confusión que entendemos que en varios casos é intencionado. Por un lado, a Xunta non ten claro aínda si vai avalar xurídicamente a retirada dos contenciosos, por outro hai declaracións contradictorias entre Xunta, Concello e promotores, e por outro entendemos que se está a centrar o debate mediático en asuntos tan pouco relevantes como quen denunciou, quen non denunciou, que declarou fulano ou megano ou incluso a debatir como se instrúe un expedente informativo, que diso saberán obviamente os funcionarios encargados diso”.

Veiga Outeiro sinala que “nós, poñendo xa por diante o respecto ao discorrer normal dos labores que a xustiza está facendo neste caso de Barreiros, o que queremos denunciar é que non se fala do fondo da cuestión. O que agardan escoitar os barreirenses non é esta estéril polémica. Estamos outra vez no punto de partida e non había servizos, iso está claro, non hai servizos, segue sen habelos e a duda é si no futuro os haberá ou non. E si os haberá quen os vai pagar é quen nada tivo que ver, vannos pagar todos os barreirenses e todos os galegos. Iso é o que dixo o Bloque Nacionalista Galego no seu día e o que segue dicindo e nós dicímolo en todas as institucións onde estamos presentes e en todos os órganos de dirección da nosa organización política. É unha mágoa que outras organizacións políticas non faigan o mesmo”.

Os nacionalistas queren que “se fale diso, dos servizos que vai haber, cando os vai haber  e quen os vai ter que pagar, porque parece ser que xurídicamente a Xunta de momento non avalou este convenio, pero en Barreiros goberna con maioria absoluta o Partido Popular, entonces o PP é quen lle vai ter que dar explicacións aos veciños. O  BNG vai preguntar no próximo pleno, do 26 de xullo, para que nos aclaren toda esta situación, porque non é un capricho do BNG que o alcalde explique no pleno todos os pormenores deste procedemento que se está levando a cabo”. No BNG consideran que “o que ocurre en Barreiros non é habitual, porque non é habitual que fora declarar o alcalde, non é habitual que vaia declarar a xunta de goberno enteira e non é habitual que vaian declarar os responsables dos servicios xurídicos e técnicos do Concello. Polo tanto quen é o máximo responsable de todo isto e quen que ten que dar explicacións é o alcalde, Alfonso Fuente Parga, e iso é o que agardamos que faiga no pleno do 26 de xullo, porque esas serán as preguntas que lle levaremos na iniciativa que vamos rexistrar nos próximos días no Concello para que dunha vez por todas se escape dese confusionismo intencionado e se lles explique realmente aos barreirenses cal é o fondo da cuestión”.

Exit mobile version