Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz esíxelle á Xunta que cumpra o compromiso de facer unha residencia e un centro de día

NOTA DE PRENSA:
O BNG DE FOZ ESIXELLE Á XUNTA QUE CUMPRA CO COMPROMISO DE FACER UNHA RESIDENCIA E UN CENTRO DE DÍA

“O PP obtou por acabar con todos os servizos sociais implantados polo BNG a través do Consorcio” afirma Basanta

Foz, 21 de xullo de 2010.- O BNG de Foz presentou unha moción para o próximo pleno en defensa do sistema galego público de servizos sociais debido á deriva que o goberno do PP está a facer cara ao desmantelamento e á privatización destes servizos. A última decisión foi este 15 de xullo cambiando os criterios para acceder ás axudas dos CIM (centros de informacións ás mulleres) co que a maioría dos concellos terán que pechalos.

Para o portavoz municipal, Xan Carlos González Basanta, dende que o PP accedeu á Xunta de Galiza marcouse como un obxectivo político o de desmantelar as accións máis significativas desenvolvidas no goberno galego polo BNG. Neste senso situaron o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar no centro da diana intentando desacreditalo, e que responde exclusivamente a un interese do PP de converter os servizos de igualdade e benestar nun negocio, ao través da privatización da súa xestión. Esto xa ocorreu con diferentes hospitais e residencias como recentemente coa de Viveiro que ía a ser totalmente pública e agora privatizan a súa xestión.

O BNG reivindica a consolidación dun sistema público galego de servizos sociais, tal e como recolle a Lei de Servizos Sociais de Galiza aprobada no ano 2008, que garante os recursos e equipamentos precisos para afrontar as necesidades sociais do conxunto da poboación galega –servizos aos que temos dereito, vivamos onde vivamos–, co obxectivo de favorecer a cohesión social do país, reforzando os vencellos sociais e combatendo os procesos de desestruturación territorial e social, abordando, tanto as situacións de falla de autonomía persoal, como as de pobreza e exclusión social ou nas que existan menores en conflito ou desamparo.

Por eso o BNG a través da moción quere instar á Xunta de Galiza a que poña en marcha o desenvolvemento pleno da Lei de servizos sociais de Galiza, en vigor dende o 18 de marzo de 2009 e que o PP ten totalmente paralizada, na que se definen os servizos sociais como un sistema público e que obriga a incluír nos orzamentos anuais da Xunta e das entidades locais as partidas necesarias para o seu financiamento. Para Foz, esto é fundamental, pois sería facer realidade a construcción da Residencia e do Centro de Día tan necesaria no noso concello e que o BNG na Xunta e mailo Concello estaban a punto de realizar. “O PP non ten ningunha desculpa para deixar a Foz novamente sen un servizo que xa teñen outras localidades da Mariña” concluíu Basanta.

Exit mobile version