Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG leva ao Parlamento iniciativas relacionadas coa situación do grupo cerámico Sargadelos

NOTA DE PRENSA:

O BNG LEVA AO CONCELLO E O PARLAMENTO GALEGO SENDAS INICIATIVAS EN RELACIÓN Á SITUACIÓN DO GRUPO CERÁMICO SARGADELOS

Os nacionalistas pretenden o posicionamento da Cámara Galega a favor da viabilidade da empresa e o mantemento dos postos de traballo

No concello preséntase unha batería de preguntas para coñecer as xestións realizadas polo goberno local en función do acordado en maio de 2009 pola corporación.

Cervo, 19 de xullo de 2010. O BNG presentou sendas iniciativas na Cámara Galega e no concello de Cervo en relación á difícil situación pola que pasa o Grupo Cerámico Sargadelos no que por parte da dirección da empresa anunciouse un terceiro ERE, nesta ocasión incluíndo a extinción de postos de traballo nas dúas plantas de fabricación de Sargadelos e Sada con 34 e 30 postos de traballo respectivamente.

O Parlamento debe tomar posicións para evitar o declive dunha industria que e moito mais que unha fábrica de cerámica

Os nacionalistas instan mediante unha Proposición Non de Lei a que o Parlamento reclame da Xunta de Galiza as medidas e ferramentas ao seu alcance para garantir a viabilidade da empresa e o mantemento dos postos de traballo. Neste sentido explicaron que en Cervo existe unha fonda preocupación entre moitas familias que ven perigar os seus postos de traballo ao anunciarse dende a dirección da empresa a presentación dun terceiro ERE que traería incluída a extinción de arredor de 30 postos de traballo. O BNG ten ademais en consideración que o Grupo de Cerámicas de Sargadelos, S.L., e moito mais que unha empresa de fabricación de cerámica xa que entre os seus obxectivos fundacionais fixo, e debería seguir facendo, un importantísimo traballo cultural de recuperación e posta en valor de sinais de identidade e tradicións propias do país.

Os nacionalistas tamén piden explicacións ao goberno local sobre as xestións realizadas a partir do acordo plenario de maio de 2009.

No ámbito local o BNG agárrase ao acordo plenario no que mediante unha moción do seu grupo, emendada polo grupo de goberno do PP, que asumía a intención de mediar con outras administración na busca de apoios á viabilidade da empresa e o mantemento dos postos de traballo ao que se incorporaron compromisos do Tte. de Alcalde e parlamentar, José Manuel Balseiro que comprometeu xestións encamiñadas a impedir a perda de postos de traballo na empresa. Neste sentido pregúntase cales foron as xestións realizadas, en que datas, cales foron as respostas doutras administracións, a que administracións se dirixiron e os seus resultados. O portavoz municipal nacionalista chama a atención sobre o resultado deste traballo, “que á vista do que se anuncia agora non debeu ser moi positivo”.

Para mais información chamar a Xoán Estúa

Exit mobile version